terça-feira, 16 de outubro de 2007

Canny linguist

Nada máis baixar do avión no aeroporto de Vilamormallo sentiu unha comechón urxente. Entrou no cuarto do hotel e procurou nas páxinas de contactos o número máxico. Ben disposta e co seu terrible acento escocés pediu un cunnilingus. Ao cuarto de hora tiña a petar na porta un arteiro lingüista. Abondou que este empregase unha lingua viva para desfacer a confusión.

Post postum: Idea orixinal rapizada no haicu.

4 comentários:

Teté disse...

Afinal não é só o português é uma língua traiçoeira... Pelos vistos o latim também, pelo menos se falado por um escocês...

Epá, tens dado aí ao teclado, como gente grande!

Sun Iou Miou disse...

Ó, Teté, ainda estive pelo teu blog com a pena de morte esta manhã a dar para diante e para atrás e fiz um comentário que logo na guardei mas tenho de voltar com calma a escrevê-lo.

Está para aí o mundo cheio de gente grande e pequenina também, mas gigante. Jinhos!

eue disse...

;-)

Gústame ben a túa versión. Era Woody Allen, créoque, o que tiña un relato de contactos con mozas que conversaban sobre Tolstoi, Henry Miller...

Sun Iou Miou disse...

Uf, sóame, mais quen se lembra, eue? Veño agora dunha conferencia sobre a recuperación da Memoria histórica e nin sequera a miña, que fica tan insignificante ao lado do que IMPORTA, consigo rescatar.