quarta-feira, 7 de maio de 2008

Concurso de traslado de cadáveres

Os das pompas fúnebres están de folga contra a Consellería da Presidencia da Xunta, que quere montar un concurso de traslado de cadáveres. Como será o raio do concurso? Con azafatas a levar a contabilidade e o que sexa capaz de trasladar máis cadáveres en menos tempo leva o premio gordo? Non lle vexo o escándalo ao das autopsias dos cadáveres corruptos nas mesmas instalacións nas que se velan os cadáveres incorruptos. Até o podía emitir en directo algunha televisión en plan coma a vida mesma, total, xa estamos afeitos ás dos ceseís.
Se o sei antes, plántome esta mañá en Santiago para ver a manifa, desde fóra dos coches, claro, que dentro non me quero nin ver, e ademais penso que se fose dentro tampouco me vería nin vería a manifa nin nada e non polos vidros tintados que levan precisamente.

4 comentários:

Anónimo disse...

Como está o mundo amañado...

Saudiños!

P.D. por certo, son Segundo Asalto, pero volto ao mundo blogueiro como Caderno de Bitácora.

Sun Iou Miou disse...

O mundo o que está é desamañado, Avelaíña, e benvida de volta. Xa te tiña estrañado, xa. Os blogs abandonados danme unha certa sensación de naufraxio sen sobreviventes. Aínda ben atopaste outra illa, ou outro faro arredor do cal voar. (`_^)

Teté disse...

Ai isto é patético mesmo: carros funerários em manif... :)))

Desculpa, só dá para rir mesmo, mais o dito concurso público: vamos ver quem enterra mais defuntos em menos tempo??? Qual será o critério??? (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Também depois de mortos a quem lhe interessa o critério, Teté? A questão é que a morte é o único negócio certo e até para morrer devemos pagar.