Se soubese debuxar, ai...
trazaría a lapis o teu perfil a media tarde,
cando descansas tras a barra
e contemplas nada, a mirada perdida
no televisor sen volume,
a música suave,
a cunca baleira.
Diría calma é o que pinto, acougo
nas liñas do teu rostro mozo, riscos
no papel en gris e negro.
Case me custa pronunciar o teu nome para pedir máis un café rompendo o encanto, pero sei que te vas virar cun sorriso de ollos tan claros...
que se soubese pintar, ai,
naceríanme dos dedos as cores sosegadas.
____________________
Como non adoralo se onte lle dixo á nai, que é máis nova ca min, nótese: "Vén por aquí unha moza que está máis cachas..."?! Quería eu ver agora a señora dos amorodos (putaqueapariu)!
6 comentários:
http://www.todoart.com/cajas_oleo_rembrandt.htm
sabías que o fondo de pintura fai que vexamos diferente a pincelada que despois a cubre? Debe ter que ver co "tono" e co "matiz" do que tentamos ver
Pois, Condado, e a mirada con que miramos tamén fai diferente o que vemos.
Ai!
Mola, e mola como o contas. :)
(Isso si, a partir de agora vou ter mais cuidado com o que digo porque se estás assi tam cachas mais vale ter cuidado :P).
Não sou nada agressiva, La Queue. Desabafo com os patins... e o stick de hóquei que me empresta o profe. (^_^)
Pois gostei muito dessa tua veia poética e também do vídeo (quer da música, quer dos desenhos do clip)...
Obrigada pela parte que me toca, Teté. Há visões que inspiram.(`_^)
Enviar um comentário