quarta-feira, 19 de agosto de 2009
Escapada ao Alto Douro (III)
Favaios
Tronkimazín condúcenos a Favaios seguindo a ruta que fixera coa calloa e este punto era especialmente especial: por un lado, iamos probar o afamado favaíto, unha especie de moscatel con xeo picado, que nos fixo cóxegas na gorxa sen subir un grao o nível de alcoholemia (nada que ver co tinto efervescente que lle mandaramos en Amarante); polo outro, íanos arrastrar por camiños inestables até un pazo abandonado, que nos deixou lamentando a ausencia de metálico para mercalo e quedar a vivir alí, á sombra, entre favaíto e favaíto, cuspindo carabuñas de cereixa ao ceo.
Antes de marchar, mandámoslle un grolo na fonte pública, que era desas de cano gordo de antigamente, que non hai boca que conteña o chorro, co que refrescan por dentro e por fóra. Que si, que saín pingando.
A última parada da excursión foi Murça, onde repuxemos forzas cun xantar lixeiro e cargamos as maletas de aceite, do mellor aceite do mundo, quede claro.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário