domingo, 29 de novembro de 2009

No more running away










Amañecera de nin ir nin vir, cincento a pedazos e frío: para cine e museos, baixo teito. Tiña na axenda mental unha revolta á Fundação Serralves onde alá vai e fun... desenvolvela. Gustoume a exposición de Augusto Alves da Silva. Do resto, foime sobrando todo. Pero a mañá virou brillante e fotoxénica no xardín, e clic-clic-clic, déronme as tantas. Saín correndo para o cine. Alimento só no espírito.

No sueltes la soga que me ata a tu alma. No silencio portas que se fechan con estrondo. Nunha carta a promesa rota, amarelo o papel do tempo. León Felipe e Roberto Bolaño da man da ficción. Running away e un tango de fondo fondo: Angie is dead, my name is Tetro. Como podes fuxir da túa escrita? Acaso non te persegue? Accidente mortal, abandono, a familia, un manuscrito e un espello, minutos-imaxes a máis, rivalidades e misterios, xenio e éxito. La Boca e La Patagonia, os extremos, a paixón de viaxar. Coppelia ou a boneca partida en anacos sen sangue, that's love? Pais, fillos, irmáns, no more running away. Iso é amor.

10 comentários:

condado disse...

A música soa bárbaro!

Teté disse...

Excelentes fotografias, Sun. Vi mais no teu álbum dos jardins de Serralves do que quando lá fui (chovia que Deus a dava)!

Quanto ao filme, tem ar de ser assim bem pesado...

Beijocas!

Sun Iou Miou disse...

Para min sóbranlle algúns minutos, Condado, e o surrealismo almodovariano do personaxe da Maura non me encaixa. Pero en xeral, gustoume. E a música, claro.

Sun Iou Miou disse...

Esteve um dia de desabarem os céus, Teté, mas de quando em quando saíam para aí uns claros e um deles coincidiu justamente quando saía do museu. Desatei a tirar fotografias porque a luz era fantástica: é só ver o fulgor que tem os brancos.

O jardim merece o passeio, mesmo que eu prefira cá a margem do Minho.

Quanto ao filme, só se me fez um bocado longo, mas em geral gostei. É bastante teatral.

condado disse...

"...é só ver o fulgor que tem os brancos"
Esquecín decir, tamén, que gostei moito das fotos, pero xa teño resposta...

Sun Iou Miou disse...

Ui, iso, Condado, xa son palabras maiores. E por certo, queríache facer unha proposta para que fagas unha proposta.

Anónimo disse...

Graciñas por levarme de paseo poer ese maraveloso xardín do Seralves coas tuas fotos...
Miss Tollo

Sun Iou Miou disse...

De nada, Miss Tollo, é o que se aforra en tempo. E nin todos os días son así. `_^

(Que foi? Non pos lentes para teclear ou tes os dedos gordos? :P)

Suso Lista disse...

É unha maravilla estar en Corme, e pasear por ese xardín. Gustame. Bicos pra todos.

Sun Iou Miou disse...

Créocho, Suso: é unha marabilla estar en Corme e calquera cousa máis. `_^

Grazas