Palabras roubadas / Palavras roubadas

Como la noche no
quiero que tú desciendas,
no quiero cumplimiento
sino revelación.
Desciende hasta mis ojos
veloz, como la lluvia.
Como el furioso rayo
irrumpe restallando
mientras quedan las cosas
bajo la luz inmóviles.
Que no quiero la dulce
caricia dilatada,
sino ese poderoso
abrazo en que romperme.

Jaime Gil de Biedma falou así en Las personas del tiempo e o Chico Buarque deixoume a voz con todo o sentimento.

domingo, 15 de Novembro de 2009

A vocación de ser triste

Non é estraño que ás veces
non soe ledo o meu verso rebelde,
pois eu son triste. Xa cruzaron o [Flexetón
tres cuartos dos meus lectores.

E vós, amigos! Quedades ben poucos,
e quérovos cada vez máis por iso...
Que curto se fixo o camiño
que semellaba ser o máis longo.

Só o silencio me responde. Anna Akhmátova (Tradución de Ekaterina Guerbek e Penélope Pedreira)


Mándame o Mourave un documental sobre Emil Cioran, que devoro, os ollos e os ouvidos presos ás imaxes e os sons, procurando absorbelo alén dos escasos fragmentos traducidos e o meu descoñecemento do romanés (da lingua, do filósofo). Velaquí o mellor convidado ao té das cinco para esta fin de semana que se finxe apocalíptica. É domingo, pleno outono, e fóra venta e chove como se nunca mais fose estiñar a ferida das nubes. Fóra, tamén, impera o silencio dos páxaros: de sempre me inquietou a sorte das aves durante as zarracinas.

Na illa en que hoxe habito resóame o troupeleo da caveira con que o neno Cioran xoga en solitario ao fútbol, bailando no límite da inocencia co remorso, a adolescencia que o expulsa do paraíso montañés, a iniciación na filosofía, a fascinación xuvenil pola parafernalia do nazismo, o distanciamento con que observa o ambiente intelectual francés. Fascíname o seu rostro de louco e a evidencia lúcida do seu discurso, sacódeme o razoamento con que xustifica a decisión de renunciar á escrita. Agora xa o sei: talvez eu non teña tempo de escribir moito, pero sempre vai ser de mais, porque é privilexio só dalgúns saber cando se debe parar... (ou mesmo, se se debe escribir nada?)

6 rexoubas:

Kaplan disse...

Xa sabe: aos que blogueamos para unha inmensa minoría cómprenos collerlle o gusto, máis ben por aquilo que non nos sentirmos tristes de máis.

Sun Iou Miou disse...

Produce vertixe, Kaplan, a consciencia da inmensidade de palabras que se escriben cada día.

Kapikua disse...

Son Iou:

o Xónas abriu a tasca (pelo menos hoje estava aberta)

Beijo

Sun Iou Miou disse...

Eu sei, Kapikua. E é bom lê-lo de novo.

Eni.g.ma disse...

platon non escribiu nada e mira ti...

Sun Iou Miou disse...

Ui, Eni.g.ma, quen e onde me largou a min esa frase e non hai moito?

En canto á resposta... non todo o mundo é Platón e algúns teñen quen escriba por eles. `_^