quinta-feira, 11 de outubro de 2007

Neutrite

En tempos de tanto conflito de xénero reclamo para o neutro un lugar de maior relevancia na sociedade. Neutros, neutróns ou neutrinos unímonos para facer valer o noso dereito á indefinición, á imprecisión e á máis absoluta indecisión. Sabemos que a nosa postura neutral ante os temas que afectan o xénero humano e a todo xénero de especies é vista a miúdo con desprezo por quen desde a definición e a precisión se adscribe a unha categoría determinada. Nós, xunto cos determinantes indeterminados e os infinitos infinitivos verbais, avogamos por unha conxugación en presente indefinido e futuro imperfecto sen condicionais nin pretéritos.

Nota: Caso de as nosas peticións non seren atendidas, non digo eu que si nin que non, pero todo pode ser que se forme unha bomba de neutróns de consecuencias prácticas tales como pouca destrución de estruturas e moita mortaldade de seres mortais. Agora que xa digo, iso depende.

6 comentários:

Lúa Neghra disse...

Canta razón... Igualdade de xénero para que? Para ser unha clase igual á outra en dereitos, pero sen saírmos nunca das limitacións desa "clase"? Mellor carguémonos o xénero e calquera outra categoría que nos escinda. Neutrite, teoría queer para outr@s... Son ideas moi punkis tamén :)

Sun Iou Miou disse...

Razón non sei se teño -máis ben sospeito que pouca- pero dereito a enganarme teño e a ser quen son tamén. Esta semana nun ataque agudo de disolución da personalidade, proceso en que por certo, con altos e baixos, levo toda a vida. Uf! Punky pinky power!

Teté disse...

Onde é que se assina a petição?

Sun Iou Miou disse...

Teté, a ferro e fogo na alma, quem tiver; quem não, ali onde mais doer.

Raposo disse...

Totalmente dacordo. ¿pero, estará ben visto? ¿non se enfadarán Rajoy, o Papa, o meu presidente da comunidade de veciños?

Sun Iou Miou disse...

O peor de todo pode ser co teu presidente da comunidade de veciños. En canto aos outros dous, quen son?