segunda-feira, 28 de janeiro de 2008

Delirio

Esta noite, a corenta e dous días das eleccións, soñei contigo. Soñei que quedabamos, por fin, e non era para manter unha das nosas conversas mudas, nin para deixarnos agarimar por este sol que desdeña o calendario, nin para ver unha desas pelis que nos estremecen, nin para que me agasallases cun cacho de ti en forma de música, nin para trocar libros, nin para tomar un malta con lágrimas. Non. Soñei que quedabamos, si, e non sei que é peor: que a cita fose para ir a un mitin, que estivésemos de primeiros á porta do cine onde se ía celebrar para coller sitio, ou que o mitin fose de Rajoy. A orde de factores non altera o produto. Mala sorte, porque en canto abriron as portas, aquilo foi como imaxino que é un primeiro día de rebaixas, e na confusión, separámonos para intentar sentar estratexicamente, diante pero nos extremos, a fin de poder saír nun momento dado sen molestar. Logo, unha vez conquistadas as butacas, deixei cadansúa peza de roupa nelas para ir por ti, que estabas na outra punta da sala. Tragamos o mitin e saímos, como era previsible, antes que rematase. Non recordo o que prometeu o candidato, porque non escoitei unha soa palabra do que dixo, apenas que xa fóra comentamos que non estivera moi estridente. Cando espertei, francamente asusteime. Voume ter que ir mirar isto, e se é preciso, que me mediquen.

12 comentários:

Teté disse...

Ah, já vais a meetings em sonhos? E ainda faltam 42 dias para as eleições? É, é capaz de ser melhor ires ao médico... ;P

Sun Iou Miou disse...

Já fui, mandou-me um caixote de válium e rezar quinhentos avemarias.

Anónimo disse...

hahaha! un sonho moi bo!! e Rajoil marchaba se apanhar o seu?

Sun Iou Miou disse...

Bo ó carallo, que non sei nin como me atrevín a contalo e menos a estragar tan boa compaña e tan cara como levaba!

Anónimo disse...

O que se abre ai dentro para que un sonhe que vai ver ao senhor dos hilillos? E a compaña non dicia nada?
A ver se vai ser premonitorio, e despois resulta que gañan, e temos que apandar con misa dominical e banderitas para todos.

Sun Iou Miou disse...

Para soñar o que se quere é mellor non fiar no subconsciente e manter os ollos abertos e as neuronas dominadas.
A compaña, para o bo e para o malo, é a miña alma xemelga, de modo que o que eu sinto sente e o que soño, soña ela tamén.
E déixeseme de agoiros, que xa bastante cruz teño, non me cargue esoutra.

Rei da Lã disse...

"agarimar"?!
Isso é...?

Sun Iou Miou disse...

"Agarimar" é assim uma mestura de 'acariciar' e 'acarinhar': diz-se também "aloumiñar". Pode ter ademais o sentido de dar abrigo e calor, coma a lã. (`_^)

Suso Lista disse...

Je Je, desde logo vaste ter que medicar. Manda carallo, soñar que vas a un mitin. Polo menos falaría castellano ¿non?

Sun Iou Miou disse...

Non sei que falaba, porque eu debía de ter a cabeza noutra parte, desde logo non sobre os ombros.

Cesare disse...

Vaia, vaia mirarse! :)

Sun Iou Miou disse...

Non sexa cruel, Cesare, que estou deprimida e sedada por prescrición facultativa e non me dá para rir.