terça-feira, 8 de abril de 2008

Negro, cores, gris

De volta á cidade que non era Venecia procurei unha cama estreita na que non sentir tan enorme a soidade. Vaguei á beira dos canais collida da man das tebras, estreeime nun cíber cunha carta que non foi o que debía ser, ceei simulando á miña fronte a compaña que non tiña e dei cos ósos no cine, na sesión golfa, a ver o único de entre o que non vira xa e o que nin ver pensaba que o horario me deixou escoller, tan só polo aquel de adiar o momento de fechar os ollos, ou quizá para estricar as horas da saudade. Deille as boas noites á burra, que rosmou polo baixo o abandono en que a deixaba ao pé dunha igrexa, e pedín a chave ao recepcionista nocturno, que ma entregou sen preguntar polo número do cuarto. Fundido a negro.
O primeiro que fixen á mañá seguinte foi atender á encarga dos ovos moles. Logo parei na estación do ferrocarril, a compartir uns minutos a maxia dos destinos, o pasado e o futuro que se cruzan sen tocarse e o cheiro asemade acre e evocador. Alí decidín que só o mar me podía redimir de tanta morriña e tirei para a costa, a contemplar as cores ao sol, entre mariscadores e pescadores, entre casas pintadas a riscos, entre guiris coma min que almorzaban na calidez das terrazas, entre o peixe que refulxía no mercado recendendo ao sal aínda, os campos de amorodos, os ciclistas, os paseantes, os que corren cara a ningures, só por ir, coma min. Ata que houbo que pensar no regreso e o aire de súpeto se tornou gris.

13 comentários:

Anónimo disse...

Poucas veces teño feito iso de viaxar so. Xa foi hai máis de vinte anos, e podería recordar cada sensación e cada momento da viaxe.

Sun Iou Miou disse...

Eu nunca viaxo soa: sempre levo algún espectro que me asombra.

Anónimo disse...

..e que daquela aínda era moi novo e os espectors era puramente imaxinarios, e mesmo máis divertidos se cadra.

Sun Iou Miou disse...

Beatus ille!

condado disse...

Téñoche envexa. Eu que viaxei a lugares lonxanos e até remotos e até mesmamente perdidos, se tivera que facer de memoria unha fotografía-resumo da miña mellor viaxe sería na pequena alameda de Torre de Moncorvo, onde cheguei soio, hai moitísimo tempo despois de recorrer as liñas paralelas do Douro dende mares de sal e de viño até mares de soidades gozosas que me teñen dende entón atrapado por tras de esos montes. A foto sería de xovenes reunidos nos bancos e pola varanda que rodeaba un pequeno espacio desta alameda, e ao fondo se vería un pouco desenfocado o rotulo dun cine, había sesión de cineclub en aquel minúsculo pueblo, e a película (da que non recordo o título) era sobre unha viaxe polo Sena dunha panda de anarquistas (falo de hai case vinte anos e sabes ben da memoria que teño). O recordo con emoción. Foi unha illa en medio dun oceano inmenso (onde me levara Saramago para durmir, se non recordo mal na pensao paxarinho, a través da súa viaxe a Portugal). A diferencia entre viaxar e facer viaxes debe estar na soedade precisamente, sós ou acompañados, non percibimos do mesmo xeito o que a viaxe está acontar. ¿Xa te dixen que te envexo?

Sun Iou Miou disse...

Alégrome de que non morreses intoxicado cos ovos moles, Condado. E asegúroche que non hai nada que envexarme. En todo caso, ninguén che mandou vender a moto. Debías era deixar de soñar con mercar unha casa perdida e investir os cartos en dúas rodas que te levem a perderte.

Teté disse...

E eu a pensar que ainda passavas pela capital (do país, não a dos idosos das pipas)... e já vais de regresso a Carrouchas! 'Tá mal!!! ;)

Sun Iou Miou disse...

Os rios tem de ser de um em um, minha senhora. A Tuga bem merece uma visita e já lhe chegara o dia (Também não é coisa de chatear os meus leitores todos num só dia pela visitas de incógnito).

Jonas disse...

Ir a Veneza e acabar a noite numa sala escura de cinema...
Não podendo dizer que foi a melhor solução, arrisco dizer que foi a pior. Mas bem, a gente sempre leva para todo o lado o lastro do que costumamos ser, e fazer. Por isso entendo agora os analistas que vêm as tetas da vaca sem verem a vaca.
Venezas há muitas...assim como vacas.
Tens de lá voltar! ...foi a impressão que me ficou depois de te ter lido.
Esta vez não valeu!

Jonas disse...

vêem, queria dizer. aquela coisa que os olhos fazem...e não 'Vêm', como escrevi

Sun Iou Miou disse...

Pois, Jonas, foi uma má maneira de acabar a noite: tanto mais que o filme não valia um rabo de cão. Mas se a alternativa era terminar vomitando pelos canais e a inevitável ressaca que me impediria desfrutar da manhã seguinte (ah, sempre a pensar no porvir...) como desfrutei, talvez não fosse a pior.
Que tenho de voltar, dizes? Só se o filme merece a pena.

Raposo disse...

O color do regreso depende do que se traia nas alforxas.

Sun Iou Miou disse...

Nas alforxas, Raposo, ficou ben claro, traíanse ovos moles... e un corazón máis mol se cabe.