quarta-feira, 28 de maio de 2008

Disuasión política

Non, non é que o meu veciño estea a facer declaración de independencia. Dou fe de que non van por aí as súas tendencias. Só pretende, creo, axotar os melros da cereixeira. Que mecanismos perversos actuarán na súa mente para el crer que unha bandeira do BNG e un farrapo vermello poden disuadir os paxaros de lle petiscaren nas cereixas? Sairalle o conto coma aquela vez que lles puxo a radio de noite aos xabaríns para non lle fozaren na millaxe e aos dous días os animaliños xa tiñan lá o botellón montado? En todo caso, parece porfiar en non recorrer á violencia, o cal sempre é de agradecer.

12 comentários:

Teté disse...

Aquilo é uma espécie de espantalho, no meio das cerejeiras, Sun???

E os pássaros saberão ler essas siglas e fugir espavoridos?

Desta vez acho que entendi todas as palavras galegas, a mente do vizinho é que nem por isso. Vale que não é agressivo, não?

(^_^)

Sun Iou Miou disse...

É, Teté. É a bandeira dum partido político nacionalista galego, o farrapo vermelho talvez fosse dalgum partido comunista. (`_^)

Anónimo disse...

Cereixas nacionalistas?
Paxaros nacionalistas? ou antinacionalistas?
Ao mellor o cata confía que perdan o tempo con esas disquisición e, mentres, maduren e as poida comer él. O malo é que con este tempo os paxaros van ter tempo dabondo para facer averiguacións

Anónimo disse...

Por cero, hoxe fun nadar á piscina de Cerveira e vin que nunha zona do fundo estase a formar unha mancha de verdello. ¿Terán un problema de hunidade?

Sun Iou Miou disse...

As cereixas pasaron de verdes a podres, Couselo. De todas formas os melros, que son xente intelixente, saberán escoller as que valen, sen atender a bandeiras.

Sun Iou Miou disse...

Problemas de humidade nunha piscina, Couselo?! O que teñen é un problema de limpeza. Ten coidado onde pisas.
(E todo isto, claro, para dicir, como de pasada, que te estás a pór cachas para o verán...)

Lúa Neghra disse...

Contra, isto si que é Artespantallo!

Sun Iou Miou disse...

Tampouco está mal o da reciclaxe de tecnoloxía aplicada á agricultura, que son os cedés colgados entre froiteiras e viñas, Lúa Negra.

Anónimo disse...

Eu á piscina vou a nadar, non a reptar polo fundo. E oféndesme se crees que necesito poñerme cachas, como se non o estivera xa dabondo

Sun Iou Miou disse...

Perdoa, Couselo, é que hai tanto que non tomamos café xuntos, que xa non me acorda como es. (`_^)

Anónimo disse...

Pois a próxima vez que quedemos, levarei un pano na cabeza cun caravel lixeiramente ladeado.

Sun Iou Miou disse...

Pronto, Couselo, así non haberá dúbidas: serás o do corpo musculoso e anchos ombros, ventre de tableta de chocolate, pano na cabeza (de cadros?) e caravel prendido. Leva o saxo. (`_^)