quinta-feira, 1 de maio de 2008

A vella polaca. Capítulo VI

O teléfono non paraba de soar. Des que decidira gañar un sobresoldo anunciándose nas páxinas de contactos para compensar a miseria que lle pagaban no banco apenas facía outra cousa. Ás veces, non o ía negar, excitábase, pero era un traballo limpo —limpo, digo?, impoluto— e procuraba non se implicar mais do necesario coa clientela.

—Olaaaa...? —atendía, prolongando a vogal nun decrecente interrogante de voz grave e cálida.

Do outro lado a variedade imperaba. Tamén non impuxera condicións, tanto lle tiña peixe como carne, en canto a relación fose meramente oral. O seu nome de guerra era Aser, que satisfacía a todos, pois tan logo evocaba unha víbora de vertixinosos tacóns e escote infinito, un magno xeneral de armas rendido, un sedutor maduro delicado e afable, un tigre bengalí de exotismo voraz.

Fillo bravo dun banqueiro lisboeta, aproveitou a mensualidade xenerosa que este lle ingresaba co fin de evitar un desagradable en demasiados sentidos test de ADN para sufragar os estudos de Económicas sen sobresaltos, e rematou a carreira cun expediente académico nada desprezable. Logo, o propio pai encargouse de procurarlle as prácticas pertinentes na sucursal portuense na que despregaba todos os seus encantos para engaiolar nunha tirapuxa deliberada o director, non só porque lle divertía ter aquel lambecús tiránico dominado, senón porque era un chanzo crucial nas referencias que lle procurarían un contrato digno.

—Cago no can de cristo! —abafou tapando por instinto o micro do teléfono cos dedos, mentres trocaba un sorriso lúbrico co don Sexismundo, que xa desposuído de mando mais crédulo convicto do seu papel de xefe e macho, o conminaba a librar o encerado mármore florentino do oprobio.

5 comentários:

Anónimo disse...

¿Unha personaxe nova?

Sun Iou Miou disse...

Couselo, u-la? Ou debería dicir mellor u-lo? Non me leas con tantas présas. Dálle outra pasadiña, vai.

Jonas disse...

Fillo? Mas é uma gaja ou é um gajo?
Ah...travesti...!!!
Só podia...com tanto veneno nessas veias...

condado disse...

vaian chamando os ventos todos a intentar refrearme (só por ver de probar o ABS da gorda)... que se nada acontece que non teña que acontecer subirei por pan de pasas e noces ó máis alto do mar da miña man este sábado... Brruummm...

Sun Iou Miou disse...

O Couselo não aceita que é "culebrón", ti Jonas por não sei quê merdas de três palavras que faltam, mas que é é. Nem sei como hei de sair desta.

Oé oé oé... Condado tem mota nova. Então, seu envejoso, não suportavas a minha felicidade e tiveste de comprar justo a que eu quereria se tivesse a altura tua? Vai devagarinho ABS não cais! Treme Fontiala!