sábado, 13 de setembro de 2008

Nin todo foi malo (II) A noite










Entre o mar e a serra collín folgos para atacar Lisboa. Pola costa e amodo -non quedou outra, que o tránsito non estaba para acelerarse- funme afacendo á idea. Parei na Baixa, tomei unha mousse de chocolate, un café e unha auga, que estaba sen comer practicamente, e as neuronas empezaron a funcionar. O camareiro indicoume onde había un posto de Turismo a punto de fechar e aló fun a correr. A brasileira que me atendeu estivo amabilísima. Cando viu o meu carné de identidade, púxose a falar español, pero ao ver que eu lle preguntaba en portugués, continuou a agasallarme os ouvidos cun sotaque lindo e meloso que me arrolaba. Marcoume no plano o traxecto, que non era longo, e cheguei sen perda. Cando estaba a baixar a trangallada da moto, chegoume a mensaxe de LQB. Curiosamente arrincara para alá tamén dunha arroutada e iámonos coñecer, case sen querer, despois de meses a visitarnos virtualmente.

Dei unha ducha fría, que é o que se fai nos psiquiátricos para devolver os tolos á realidade, e saín á rúa. LQB quedara en enviarme outra mensaxe máis tarde para vernos e alá fun eu tirando fotos nocturnas, baixando, deixándome ir, ata o punto de que esquecín por completo a cita. Ía recoñecendo os nomes das rúas, descubrindo reais imaxes que vira nalgún blogue (e aí sorrín) e algún toque de cor que destacaba nas tonalidades ocres da noite.
































Cando me acordei de mirar o móbil, tiña a tal mensaxe, dunha hora antes!!! Ao primeiro pensei que era cousa da mudanza de fuso horario, pero non era. Total que chamei, pedín perdón pola miña verza habitual, e quedamos.
E alí estaba eu, fronte ao Teatro, tan típico lugar para quedar, cando chegou unha parella, á espera de alguén coma min (Coma min!), eu á miña bola, a tentar cadrar unha foto que non me acababa de gustar, eles sentados nas escaleiras, e ao cabo dun tempo volvo sentir o móbil. Vou atender e oio unha vez que fronte a min berra: "Sun Iou!" Que desastre son. E iso que ela se describira perfectamente, cousa, unha máis, que eu esquecera facer.










M e Ela fixeron de perfectos anfitrións galegos, levándome de bar en bar. A noite non durou moito porque estaba baldada é a unha e media (nosas) pedín papas. Porfiaron en acompañarme, encantadores, aínda que xa tiña aprendido o camiño. Cando me me metín na cama, aínda non decidira o que ía facer ao día seguinte. Pero vós xa o sabedes.

6 comentários:

Teté disse...

Deixa-me adivinhar... foste para o Bairro Alto!!! Ah e arranjaste melhor "cicerone" (no bom sentido, está claro) que eu, que não vou lá há anos... (`_^) Não há nada como estrangeiros para conhecerem melhor a nossa cidade que os próprios lisboetas...

Eh, eh, eh e tu na tua veia fotográfica, sem dares conta que eles estavam à tua espera! Um pouquinho distraída, não?

Mas vá, o importante é que gostaste da noite e da companhia! Nem tudo foi mau, afinal de contas... (^_^)

Tá-se bem! disse...

E não tens medo de andar por aí à noite a tirar fotos!? Ainda para mais esfomeada (chegando a comer unhas??) LOL

Ao menos nem tudo foi mau! ehehehe Beijoooo de Sábado :)

La queue bleue disse...

Hahaha, pois, pois, eu já desconfiei que eras tu ali apoiada na coluna aquela, mas claro, como nom reagiste nem nada... e eu me descrevera tao perfeitamente :P pois claro... ainda demorei a fazer o teste do telemóvel, hehe.
Alegro-me muito muito de que nem tudo fosse mau :)

Sun Iou Miou disse...

Pois, Teté, eu sempre de cabeça no ar. E nesta altura já não há quem me concerte. (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Eu nem esfomeada como as unhas, Tá-se bem! Levo-as sempre tão curtas que teria de começar pelas pontas dos dedos para chegar às unhas.

Depois, medo só tenho é de mim. E muito. Mais cada dia.

Beijinho de tarde triste. (*_*)

Sun Iou Miou disse...

Cada dia ando co microprocesador mais lento, La Queue Bleue. Não dá para mais.

Obrigada a ti e ao M pelo passeio. E já sabes onde tens pousada. (`_^)