domingo, 21 de setembro de 2008

Corazón curado

CURAR: Secar por acción do sal, do fume ou do ar para conservar











Despois de ler os consellos que me destes na entrada anterior, decidín non vos facer ningún caso. Son así eu, farruca e malagradecida. A mañá estaba impresionante. Si, agora que empeza o outono, quere vir o verán, que andou tres meses a despistar. Había que pedir vez ao médico brasileiro do R.R. para o vello de aí arriba, que non rexe nada. Ao que ía, saben que fixen? Elemental, saír a estender as asas ao sol. Pavís, pavós, a filla do rei, casada con vós. A quen escolledes vós? E escollín o Gerês.

Entrando e saíndo da Nacional, fun ata Monção, onde parei a tomar o seu cafeciño e a súa Pedras. De alí seguín para Arcos de Valdevez (outro café, outra Pedras) pola estrada gorda, onde parei a quitar o disfraz de moteira, porque estaba unha calor que rachaban as piñas. Despois, indo para o Gerês, parei nun barciño, onde me deron unhas febras que compartín co cadeliño da casa. Era pequeno pero fino, que cando acabamos a carne e lle tocou pataca, o señorito del aínda botou dez minutos a desprezala, ata que entendeu que non había máis, esticou a punta da patiña coma un gato, achegouna á boca e rillouna aos poucos, con desgana e resignación. Polo menos fixen un amigo, se non me garda rancor pola sobremesa. Á próxima doulle de primeiro as patacas e o arroz.

En Boimo, mentres baixaba ata Vilela tentando fazer unha foto para a que non conseguín ángulo, encontrei uns cincuenta excursionistas que subían a botar os bofes (en fin, había de todo, algún incluso ía dignamente na cabeza). Os mesmos que despois chegaron ao Soajo, en tropecentos coches (non entendín por que non alugaran un autobús, eles saberían), xusto cando aparcaba a moto. Tiven que saír a correr coa cámara e gabear ata os Espigueiros antes de que me deixasen sen ocos libres para esas imaxes que manipulo, que parece que sempre ando por lugares deshabitados.

Despois subín, non sei, pola de Ermelo para adiante (mágoa non ser época de laranxas, que con aquel calmizo, a idea íame facendo agua na boca) e seguín por unha pista asfaltada (o xaxuallo do vento nos eucaliptos púxome un arreguizo na espiña...), ata que un cartel me descolocou e pensei que me enganara no sentido, mesmo co sol indicándome que ía ben. Aínda agora non entendo nada, porque dei volta e acabei baixando pola marxe esquerda do Lima (a EN 203) , en idéntico sentido, cara a Ponte da Barca, pero o paseo deste lado era ben menos agradable. En fin. Queda para outra.

Na civilización dei as miñas voltiñas. Tirei algunha foto, tomei café (desta foi agua sen gas) e un boliño, o mesmo de sempre. E púxose a chover. Quedara con Condado e familia en ir escoitar o Vitorino, o Janita Salomé e mais o Coro de Redondo para ouvir unhas alentejanas nas Feiras Novas (e cearmos unha boa posta de vitela nun restaurante en que tiven que engolir con cada cacho de carne os meus principios e finais antitaurinos), así que aló fun, de formiga átomica, mollada de fóra e seca seca dentro, por fin, á cidade do río que non me deixa esquecer.










Cando me acheguei à ponte da Ponte para tirar uma foto impossível, que era lixo por toda a parte, disse-me ela, Manoel Carlos, que apesar de tanta gente, tinha era saudades tuas e mandou-te um beijo frio e cálido de pedra viva.

10 comentários:

Unknown disse...

Sun,
Tu é que não paraste um pouco passando por cima da ponte! Se estivesse um pouco mais claro, podias olhar o rio e no barulho do percurso jusante, quem sabe, ouvirias o murmurar das minhas saudades...
Sabes, sou tão "celoso" que nem quero passar por ali e ver que tem outros que namoram a minha terra!
Eu sempre quis estar "solo" con ella!
Beijos
Manoel Carlos

Tá-se bem! disse...

Já entendi.. deste unhas patacas a um cadeliño! Foste ver o Vitorino e comer umas postas de Vitela! Tá bem, e eu népias né?? >:(

ehehehehe :)

Beijoooo de segunda
(esteve um Fim de semana lindo! Fizeste muito bem!

Ah e vi as fotos do cadeliño (pensava eu que se dizia perro :p)

Sun Iou Miou disse...

Não parei, querido Manoel Carlos, porque vi o lixo que tudo enxovalhava: as águas, a ponte, as margens... E odiei os humanos que magoavam a beleza tua e que ocultavam com a sua gritaria a tua voz ferida. Porquê -já quando criança não percebia e fazia-me chorar de raiva- as pessoas vão a lugares dos que gostam a deixar atrás delas um rasto de imundícia?
Foi melhor essa imagem esvaecida e escura que apenas deixa intuir o pranto das pedras tuas feito água do rio-que-não-me-deixa-esquecer.

Beijinho

Sun Iou Miou disse...

Entendeste quase, Tá-se bem! O cachorro comeu febras comigo, só quando acabou a carne, dei uma batatinha que o danado dele ao princípio não queria. Isso foi ao meio-dia.

Depois, com os amigos, comi posta de vitela em Ponte de Lima (sem cães a olhar para mim, mas muito lobo em volta à espera de que sobrasse um naco... Hihihi!) Tu népias? Querias que te mandasse uma postinha pelos correios? Já comerá a gente uma vaca inteira, fica tranquilo!

"Perro" é em espanhol, Tá-se! Em galego, diz-se "can" e "cadela", os adultos; e o pequenito, "cadelo". Era tão lindo, que estive para mete-lo na mochila e trazer comigo. (`_^)

Beiojoozito de segunda-feira e arriba que são horas!

R.R. disse...

Mimá, anda lendo eses poses-tixolo polo mundo adiante e logo larga polos dedos máis que nunca. ¡Non se deixe influenciar!

O das fotos manipuladas encantoume. Bueno, encantoume o pos, pero ese detalle case máis que ningún ata que lin estoutro nos comentarios: "porquê -já quando criança não percebia e fazia-me chorar de raiva- as pessoas vão a lugares dos que gostam a deixar atrás delas um rasto de imundícia?"

Joder, ás veces manda cada jostión de luz, Sun Iou Miou...

Sun Iou Miou disse...

Que lle queres, R.R.? Así, con aqueles ollos de incomprensión cos que contemplaba o mundo, xa me fixen triste de pequena. Ese asunto do lixo que lle vai caendo á xente das mans por onde pasa é algo que me ten roto moito a cabeza.

Xa sei que algúns textos son longos, que o persoal quere moito miolo en pouco espazo (tamén eu, para que negalo?), pero isto son as memorias que ninguén me vai pagar por escribir. E son miñas.

Grazas pola paciencia. Espero que goces no aquén do paraíso que xa gañaches.

Ata nos comentarios barreno sen paraxe!

Teté disse...

Excelentes fotos, Sun! Curiosamente, só recentemente vi uns espigueiros num blog alheio, nem sabia para o que é que serviam... Até na blogosfera se aprende! (^_^)

A questão do lixo a mim também me passa! É labreguisse demais! :(

De resto, parece-me que foi uma passeata agradável! E mal agradecida, não! Cada um faz as escolhas que lhe parecem mais apetecíveis...

Sun Iou Miou disse...

Xiça, Teté, e aqui a gente que não vê outra coisa do que espigueiros (com diferente nome, chamam-se caniços).

O passeio foi mesmo lindo. Depois dum dia de mormaço, afinal choveu, mas ia preparada para isso.

Tá-se bem! disse...

Muchas Gracias pelo esclarecimento... :| eheheheheh
percebi perfeitamente :D

Sun Iou Miou disse...

Que grande percebedor tu és, Tá-se bem! Outros deveriam aprender de ti.

'Joozzzzinho!