terça-feira, 24 de fevereiro de 2009

Sexo(s) e beleza

Logo din que en España non se investiga! Mentira podrida. Observen a conclusión do sisudo estudo científico do CSIC en colaboración coa Universitat de les Illes Balears: “Homes e mulleres perciben a beleza de forma diferente”. Acabaramos!

Parece ser e mentres non se demostre o contrario que nos homes a actividade neuronal ante un estímulo que consideran belo se circunscribe ao hemisferio dereito* (estamos a falar do cerebro, a outra parte do corpo non entraba no estudo). Nas mulleres, pola contra, coma sempre, prodúcense estímulos em ambos os hemisferios. E isto a que se debe? Din os investigadores que as diferenzas responden a senllas maneiras de abordar a relación espacial cos obxectos (e eu digo por dicir: non será que a maneira de abordar a relación espacial cos obxectos depende de se a actividade neuronal se produce nun só ou en ambos os hemisferios?).

Observaron os científicos que as mulleres refiren a posición dos obxectos (sic) ou das súas partes (sic) en relación con outros elementos. Os homes, porén, obteñen unha relación máis topográfica, isto é, danlle maior importancia á distancia. Sóalles? Nada novo baixo o sol.

Pois, xa as mulleres foron en tempos recolectoras, mentres que os homes se dedicaban á caza. Por iso os machos ven a beleza na carne de seu e perseguen a presa implacables, sen desviar a vista para ningún outro lado, devorando canto poden e mentres haxa, que nunca se sabe os días de fome que agardan. Canto máis inalcanzable, canto maior a distancia que os separa, máis lles pon, máxime se a poden lucir logo disecada ou en vivo, nunha gaiola ou cun cinto ao pescozo.

Pola súa banda, as mulleres, de profesión xenética recolectoras, reparan máis na beleza das circustancias que rodean a vítima para obteren unha boa colleita: a carteira, o coche, a conta corrente, a casa con piscina, o seguro de vida... procurando acaparar para o duro inverno, sen dar importancia ao obxecto de seu, que ben pode ser un croio ou, mellor aínda, un moriturus.

E máis non digo: eu só son a mensaxeira.


__________________
*Suxestión de estudo científico. A que dedican os homes o hemisferio esquerdo?

13 comentários:

Anónimo disse...

talvez a reforzar o dereito, talvez a (des)controlar "o outro", nunca se me ocorreu pensalo, como sempre ando á procura de caza.
tamén podemos explicar por que a non sacan a bailar non baila en toda a noite: como os cazadores teñen mirada cinética, a presa que non se move xa pode ser a schiffer, que non a ven. todo moi istrutivo.

Anónimo disse...

Está de reserva para o caso do da direita não cumprir bem a sua função...

Saudações do Marreta.

P.S.: Já vi que foi retirado o direito de admissão.

Sun Iou Miou disse...

Non sei, Kaplan, se a neurona que tedes vos vai dar para tanto hemisferio, pero en fin...
Quere iso dicir, que se a peza se move algún tiro lle cae? Voume sacudir entón. Queira que sexa só para un caldo, aínda sirvo. (`_^)

Sun Iou Miou disse...

E qual faz de reserva da reserva se nenhum dos dois dá, Marreta?

Então que fazes a trabalhar tu também? Pensei que estava sozinha no blogoglobo.

(Era mais direito de reclusão, Marreta.)

Beijos bihemisféricos!

Anónimo disse...

Olá Sun Iou Miou
Estou contente por te ter de volta. Espero que bem de saúde e de espírito.

Agora vamos ao estudo científico.
Desnecessário, quanto a mim, pois toda a gente sabe a razão das mulheres pensarem com os dois hemisférios cerebrais. É sabido que as mulheres só têm dois neurónios (um em cada hemisfério). Ora uma actividade tão importante como a de recolectoras (recolectoras de sapatos, malas, maquilhagem, etc.), requer uma grande capacidade cerebral, impossível com apenas um neurónio. Daí a forte (diria mesmo total eheheh) actividade dos dois hemisférios (e dos dois neurónios), na altura de decidir entre o gaijo do Mercedes e o do BMW. Afinal dois neurónios sempre pensam melhor do que um só eheheh.

Beijinhos.

Anónimo disse...

Fica assim esclarecido também o apetite devorador por "carne" quando temos 18 anos. Come-se tudo o que aparece (o que vem à rede é peixe) porque devemos ter uma espécie de memória genética que nos avisa que a "fome" não dura sempre.

E vai em dois comentários porque me esqueci de escrever tudo num só.

Sun Iou Miou disse...

E nem me deixaste nada para acrescentar, CãoSarnento.

De saúde, bem, obrigada; de espírito como sempre, cinzentão com brilhos argentados, mas obrigada na mesma.

Abracinhos

Ana disse...

ah ah ah ah e é mentira??? não é não!! :D homem quer, genéticamente falando, uma boa parideira, capaz de transmitir os seus genes. Mulher quer, genéticamente, um homem que tome conta dela e dos filhotes. Geneticamente. Mas, como bem sabemos, o ambiente muda os genes. E o ambiente está a mudar e o papel biológico do homem e da mulher, também.

Tá-se bem! disse...

Não vou fazer comentários! Tu lo sabes! :p ahahahaha

Besosss dos dois lados :D

Sun Iou Miou disse...

E agora temos a constatação científica, Van! (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Não comentes, Tá-se bem!, não canses o neurónio com isto. :P

Anónimo disse...

máis ben quero dicir que se non se move non lle cae tiro ningún, fixo.

Sun Iou Miou disse...

Xa me parecía, Kaplan, porque hai pezas que nin movéndose (ou por iso) son apetecibles.
En fin, cinética e cinexética, bo tema para unha tese doutoral. (`_^)