Na véspera aínda non decidira puntos cardinais no compás. Dicían os amigos:
—Outra vez ao sul? Na, na, na, naaah...
—Entón norte: Asturias, Cantabria? Tamén non era malo —aceptei convencida.
E desconxuntaba o pescozo, coma en partido de ténis, paseando os ollos polo mapa ibérico, na envergadura dos meus brazos, curtos de días e orzamento, examinando estradiñas case fíos, verdes, amarelos, brancos até.
Pero, pero... ai, se non fosen os partes meteoroilóxicos.
—O que é é que... —revirou un o labio.
—O que é é que o que? —cacarexei.
—Que polo norte dan chuvias, disque. E se vas de moto e tenda...
—Xa, de tenda e moto como que non. Pero sen tenda nin moto como que tampouco —rexeitei desconvencida.
E así, logo de mañá cedo, consultados por última e definitiva vez debuxos de nubes e soles na nete, cargada a moto cos imprescindibles e agasallados os cans, de corazón palpitante e mirada limpa (para as vistas), nun dous por tres, gañei unha hora... para o que dese.
23 de xuño de 2009
Sem comentários:
Enviar um comentário