Do día de autos pouco lembro. Sei que fora de Sant Cugat del Vallès, onde vivía, ata Barcelona a visitar uns amigos. O Carles abriume a porta co rostro ensombrecido e volveu ao pé da radio, que emitía música clásica, coma quen asiste a un velorio. Amélia, a moza, por alí andaba, que era un non ter paraxe, cadaquén a escorrentar a angustia ao seu xeito. Antes de que se fixese demasiado tarde, collín o tren de volta á casa e chamei a meus pais desde unha cabina (talvez ninguén o crea, pero houbo un tempo en que a xente podía vivir desconectada sen que afundise o mundo) para dicirlles que estaba viva, miña nai máis aliviada pero aínda angustiadísima por un meu irmán que facía a mili en San Xavier, aló para o Levante murciano.
Ao día seguinte fun á Universidade. Naturalmente non había clases, e o persoal andaba às voltas, respirando fondo.
Agora despois de tantos anos, mergullo na reconstrución da época que fai Javier Cercas diseccionando un instante, o instante representando por unha imaxe conxelada durante o secuestro do Congreso dos Deputados:
...los guardias civiles disparando sobre el hemiciclo, el general Gutiérrez Mellado de pie junto a él, la mesa del Congreso despoblada, los taquígrafos y los ujieres tumbados en el suelo, los parlamentarios tumbados en el suelo y Suárez recostado contra el cuero azul de su escaño de presidente mientras las balas zumbam a su alrededor, solo, estatuario y espectral en un desierto de escaños vacíos.
Cercas ofrece unha posible reconstrución das circunstancias que conduciron ao golpe e ao seu desenlace. Ao longo das páxinas vai descompondo a figura do ex-presidente Adolfo Suárez e dos outros dous personaxes claves do momento, Santiago Carrillo e o xeneral Gutiérrez Mellado, e a trama do golpe frustrado, á procura dunha resposta de carácter moito máis íntimo e que tingue de tenrura o epílogo do libro.
Tras percorrer admirada esa miña propia historia minúscula e ignorante, non me cabe dúbida: de agora en diante, se me preguntan onde estaba eu na tarde do 23 de febreiro de 1981, hei responder concisa: Nas minchas.
10 comentários:
Déame tempo, que até lle conto que facía eu e onde estaba tal día de tal ano.
Seica regresou da viaxe, Kaplan. Entón fale do pasado recente, que para o reseso sobra tempo.
Benvido á casa! (dígollo eu, porque creo que non ten can)
Não me lembro, mas devia de andar pela Faculdade, se calhar em exames, que costumavam ser em Fevereiro/Março...
Nem me lembro do encosto da cadeira ser azul, mas se calhar era porque ainda não tinha televisão a cores na altura, que essas emissões começaram apenas no ano anterior... Mas lembro-me bem da cena!
Hummm... e o que quer dizer minchas?
Beijocas!
Teté, andar ás minchas ou estar nas minchas (que literalmente é ir apanhar "minchas", uns caracóis muito pequeninos de mar, comestíveis) significa estar nas nuvens, não saber o que passa no mundo, andar ocupado em coisas insignificantes de pouco proveito.
Digo isso porque ao ler o livro percebi que desconhecia em grande medida a situação pela que atravessava Espanha naquela altura.
Posso então eu constatar que tenho passado grande parte da vida nas minchas! hihihi :p
em 81, Fevereiro? hummm devia estar na escola.. ou nas minchas loooool
Beijooooooo de segunda já que me perco ;))
Ei, Tá-se benzinho! Bem-vindinho de volta, bonitinho ele!
Se estavas na escola e não a cabular* ainda bem!
*Não sei como dizem isto cá, só conheço a expressão brasileira: me desculpa, vá lá... (`_^)
Beijinho mincheiro!
¡Ai, Sun Iou Miou, que identificada me sinto!
¡Eu tamén estaba nas minchas aquela tarde!
¡E o malo (ou o bo) é que coma aquela tarde, moitas outras!
Sigrid
Eu creo que aínda non deixei de andar às minchas, Sigrid. (`_^)
Oh lá, eu sei? tinha 4 anos, eu. Que saudades da inconsequencia e da ignorancia desses (meus) tempos...
Oi, Vani, achas que daqui a trinta anos vou ter saudades da inconsequência e da ignorância destes (meus) tempos? Hehehe!
Enviar um comentário