Palabras roubadas / Palavras roubadas

Como la noche no
quiero que tú desciendas,
no quiero cumplimiento
sino revelación.
Desciende hasta mis ojos
veloz, como la lluvia.
Como el furioso rayo
irrumpe restallando
mientras quedan las cosas
bajo la luz inmóviles.
Que no quiero la dulce
caricia dilatada,
sino ese poderoso
abrazo en que romperme.

Jaime Gil de Biedma falou así en Las personas del tiempo e o Chico Buarque deixoume a voz con todo o sentimento.

domingo, 12 de Julho de 2009

O príncipe desencantado (un conto do revés)










Desaconteceu unha vez nun futuro moi, moi próximo. Deuse o insuceso no que era para ser un reino á beira do abismo debruzado. No palacio, de toda a vida, tiveran fartura de perdices, pero ultimamente el-Rei desconfiaba que llas andaban a meter de granxa*, polo mesmo que esa mesma mañá lle enfiaran ovas de lumpo por caviar (aínda tiña a lingua negra do colorante). A crise económica non desantinxía clases nin ignoraba desconsideracións. De seguirmos así, matinou a súa maxestade del, aínda ía ter que pór o señorito do príncipe herdeiro a buscar emprego, noutro país, claro, que nunca se viu un reino con dous soberanos e servidor (unha maneira de falar) non estaba para abdicar e acabar os días nunha residencia**. Estábache bo o conto!***

—Vou parlamentar coa raíña —empoleirouse galudo.

E seu dito seu feito, convocouna a unha audiencia extraordinaria.

—O lacazán pasa dos trinta e cómenos polas pernas. Onde se viu? Que emigre e vaia á vidiña del, que é sen tempo —ordenou sen agardar peros.

A raíña nai acatou as razóns do estado crítico e ceibou unha lágrima real.

E alá o foi, de coroa ladeada principesco e altisonante no choquelear da Samsonite a rastro polo empedrado das beirarrúas de Alcochete, á procura de novas oportunidades, cun billete de ida para Seattle-Tacoma e unha carta de recomendación para un enchufe na Starbucks que lle arranxara o áulico cociñeiro, porque o director xeral era galego de Muros e seu parente por parte dunha tía avoa do pai. Fontes fideindignas afirman que daquel ano que pasou tirando cafés para os empregados da Microsoft lle quedaron dúas manías: a primeira, obvia, ao café; a segunda, evidente, ao traballo. Certo é que outras non máis fiables desmenten que esta última non a trouxese xa da casa.

Continuará... (ou non)
__________
*granxa = aviário
**
residencia (de anciáns) = lar de idosos
***Estábache bo o conto = Ora essa!

6 rexoubas:

Kaplan disse...

O inverosímile é que El-Rei de tal desconto puidese chegar a supoñer que o príncipe real que vagueaba estivese realmente a facer algo diferente do que a súa condición de herdeiro lle requirise; a fin de contas, El-Rei non lembraría ter traballado moito máis cando era novo e tamén pretendía trono.
Pero en fin, o conto é de vde. e eu aquí non pinto nada, realmente.

Teté disse...

Ah, bom, já estou mais satisfeita, que este percebi todo do princípio ao fim! (*_*)

E por acaso, também me parece mais perto da realidade, do que aparenta à primeira vista. Enfim, dentro em breve é capaz de ser assim, embora não evidentemente a tirar cafés numa Starbucks de Seattle... (`_^)

Beijocas!

Sun Iou Miou disse...

Vostede, Kaplan, pode pintar e despintar ao seu antollo, que para iso é comentarista en nómina, pero ese empeño en que as historias teñan verosimilitude cando dela carece a Historia é tan humano coma o errar. Co desconto de que este relato é máis real do que parece. (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Ainda bem, Teté! E prometo continuação, que já está praticamente terminada. Não coloquei o texto inteiro, porque se faz grande de mais para uma postagem e depois quase ninguém lê, já sabes como é isto. (`_^)

E agora, sim, por hoje... beijoquita!

Tá-se bem! disse...

O que eu não percebi é onde encaixa o milhão de euros que eu ganhei! ;)) eheheheh

Voltei

beijos de Julhooooo, já!?
As saudades que eu já tinha... :)

Sun Iou Miou disse...

Era só batota para te fazer voltar, ó Tá-se! Sabia que era arma infalível! Hihihi!

Beijos desacontecidos do tempo passado sem nos beijarmos!