segunda-feira, 3 de agosto de 2009

Nun segundo de lucidez










—Pídecho o corpo, e é fácil —téntame a voz musitando, engaioladora—. Fecha os ollos, que este instante ha ser teu para sempre.
—Deixa andar —retruco, mentres baixo un chisco a fiestra para que entre o ar—. Non me interesa conservar este instante, senón discorrer por outros, moitos, sempre diferentes, de ollos ben abertos. E o que me pide o corpo é tomar un café.

6 comentários:

Anónimo disse...

Espero que vde. saiba que é o que presuntamente lle pedía o corpo, pero por esta banda o texto non deixa de ser un misterio encerrado nunha incógnita á súa vez dentro dun enigma. Que lo sepa

Sun Iou Miou disse...

Durmir para sempre, con esa imaxe eternamente gravada no maxín. Kaplan... Gústame conducir. (`_^)

condado disse...

Debeu ser seguindo eses atardeceres que a xente chegou a estas terras...

Sun Iou Miou disse...

Nin máis, Condado. (`_^)
(E, si, cheguei, xa estou aquí.)

Rafeiro Perfumado disse...

E o corpo não se queima com o café em cima?

Sun Iou Miou disse...

O café pode-se pedir com gelo, Rafeirito, e assim, fresquito, pela cabeça em cima, ainda é muito mais eficaz para acordar. (`_^)