sábado, 15 de agosto de 2009

Up ou as festas da Nosa (deles) Señora da Agonía










En xeral, decepcionoume. Unha película para ver en familia? Talvez. Se se deitan todos xuntos logo para amparar na escuridade os pesadelos dos pequenos. O mundo é cruel, quen non o sabe?, pero eles teñen tempo de aprender o terror dun exército de cans doentes ao rabo. O da morte, dicían, era duro. O da morte é o único que está descrito con delicadeza: pois sempre xa morreu o avó ou avoa, tan queridos, e eles entenden. Pero entenden a loucura do heroe convertido en demente perverso, eliminado ao estilo ditadura en mala hora arxentina: caída, mar, baleiro sen fin? E cada vez que encontren de fronte un dobermann ou un rottweiler quen lles vai lamber o medo? Iso si, non teñan reparos, que o sexo aínda non existe: os seres vivos son feitos da substancia das nubes (e se cadra, o máis simpático da historia, sen vir a conto).

_____________

Depois foi a foz do Lima e um meia de leite: calor no corpo, folgos no bestunto.
—Normal ou directo?
—Directo.
—Directo.
—Não, olha, desculpa. Normal.
—Normal. Não faz mal. Normal não faz mal.
E foi-se rindo-rimando, enquanto eu demorava o regresso nos versos do Ondjaki, chãozinhando-me lesma, ele sim, altamente, up, rente da terra:

lágrima
é uma sensação que escorrega.
mundo está seco de coisas e trans-sensações
assim a lágrima presta-se
a desressequir o mundo.

De "Lágrima, gota lágrima
(ou: todas despedidas do mundo)"
Há prendisajens com o xão. Ondjaki

8 comentários:

Anónimo disse...

Que horror! non sabe o que lle agradezo a advertencia, porque a semana próxima volta a srta. Kaplan e anda tola por ila ver. A min xa me chegou con Coraline, aínda que ao parecer só angustia a pais e non a fillas. O que oe.

Sun Iou Miou disse...

Depende da idade da señorita Kaplan, señor Kaplan. A película ten os seus puntos bos, pero a min en xeral decepcionoume bastante, se cadra porque ouvira falar moi ben dela. Aínda hoxe miña irmá me recordou que estivo traumatizada até os doce anos porque a levei a ver Branca de Neve e non tocaba o libro de Disney que tiñamos na casa con ese conto de puro terror. E si, os rapaces de agora son raros raros.

Lili disse...

Pois tiña pensado ir vela coa pequena dunha amiga, pero se vou estar eu máis angustiada ca nena, pois case que buscarei outra opción...

Por certo, encantoume a poesía. Hei buscar algo máis do Ondjaki...

Teté disse...

Ora e eu que vinha tão entusiasmada para ver o filme! Enfim, depois logo te direi o que achei, quando o vir...

As festas de Nossa (deles) Senhora da Agonia ainda têm cabeçudos e gigantones? Adorava-os, em miúda, e tinha uma "inveja" secreta de não me mascararem de anjinho também... (*_*)

Gostei muito dessa citação de Ondjaki.

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Alodia, Ondjaki é bestial. De poesia, creo, só ten ese libro, pero calquera dos relatos del vale un mundo. Como non, sendo angolano.

Sun Iou Miou disse...

Não te sei dizer, Teté, se há gigantes (cabeçudos com certeza tem de haver, he!), que eu só fui ao cinema e encontrei aquilo tudo numa luminária. Depois estive numa esplanada na margem do rio, um lugar apartado da barulheira, ao que acostumo ir quando me chego a Viana.

La queue bleue disse...

Mais coisa, menos coisa, concordo coas tuas apreciaçons. :) A história é bastante triste, realmente, e eu tb esperava outro tipo de filme; contudo, tb tinha os seus pontos. Agora, para nenos, nenos... é verdade o que dizes.

Sun Iou Miou disse...

Tinha os seus pontos, LQB, mas eram tantas pessoas a falar do filme como se fosse a maravilha das maravilhas, que fiquei desiludida.