sexta-feira, 14 de agosto de 2009
A simetría, o número dous e o acaso
Ben sei que non te vou encontrar, que non son esas as horas en que mergullas na escuridade da sala, fronte a resplandor hipnotizante da pantalla. Mesmo así, porfío en retar o acaso e utilizando a imaxinación, creo un punto no imposible no que as nosas paralelas se unen, coma os raís do tren... e deseguida, racional e xelidamente, descréoo.
Á vontade, dime o acomodador, e vou para o meu sitio de sempre (un lugar solitario) na sala deserta: a película vai comezar. Un rostro xeométrico dá inicio ao imperio da simetría na repetición de xestos, de silencios e de frases, de encadramentos; no dous omnipresente (dous cafés, dous violíns, dous corpos espidos, dúas cabezas, dúas panorámicas da cidade, dúas maneiras de ligar, dúas gabardinas, dúas caixas de mistos, dúas guitarras, dúas peras, dúas mesas vermellas...), no helicóptero, nas prazas recónditas e nas rúas estreitas, nas ventás que mostran pinturas e nos cadros que se mostran coma ventás, no obxecto e na súa representación, nas notas de papel, na contención do tai-chi, nas varandas, varandas, varandas a marcar límites..., só rota na explosión da fermosa escena de baile flamenco (e conste, diso tamén non entendo, pero aquelas mans móvense coma bolboretas que acabasen de saír do casulo), até o punto de lle arrincar —non, non por azar, senón en consecuencia— ao impertérrito asasino un único sorriso.
Ficción e verdade? Só na imaxinación e na arte existe a orde e a harmonía, fronte ao caos da nota en branco derradeira que reflecte a paisaxe desolada do regreso á arbitraria realidade e do lenzo que representa o baleiro, onde a vida non vale nada. (Respirar.)
Alguén entende de música, por un casual? Ao cabo español tamén non fai falla saber. (Francés, inglés e árabe dan máis xeito... e portugués, para os subtítulos.)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
A palavra "geometria" faz-me lembrar a matemática, e a matemática faz-me lembrar de blergh....
Abracinho!
Os teus desexos son ordes, Rafeirito: era tarde e queria dizer "simetria", mais os neurónios pregaram-me uma (mais uma). (`_^)
Abração!
Texto muito bonito e... geométrico, também.
Matemática à parte.
Beijos.
Um bocado caótico, diria eu, JPC, mas tentei dar uns toques de pincel sobre o filme apenas.
Beijitos
Não percebi se gostaste do filme ou não! o clip não me atraiu por aí além.
Mas gostei das fotografias, que me pareceram da Casa da Música, dada a assimetria reinante... (`_^)
Do filme gostei bastante, Teté, mas pode não resultar atraente. É raro. É Jim Jarmusch.
As fotografias são da Casa da Música, sim, que sempre passo por ali e nunca paro. E desta vez, parei, nem que só fosse para contemplar de fora. Outro dia tocará (ver) por dentro.
Enviar um comentário