Hai textos e textos e textos e textos. A xente escribe, escribe, escribe, escribe. Punto. Ou coma. Ou punto e coma. Tanto dá. O mundo, ai, está inzado de libros, de follas de papel escritas, impresas, repartidas: follas mortas (Oh! Je voudrais tant que tu te souviennes / des jours heureux où nous étions amis. / En ce temps-là la vie était plus belle, / et le soleil plus brûlant qu'aujourd'hui. / Les feuilles mortes se ramassent à la pelle. / Tu vois, je n'ai pas oublié...). Estaba eu así sen saber o que escribir e mira. Non, non hai sol, só neboeiro. Escribo. Que parvada. Reflexiono. Non, eu tampouco te esquecín, nin esquecín eses días en que eramos amigos. E é que non avanzo nada. Corrixo e recorríxome. O oficio apréndese lendo o que está ben escrito. É así: facilísimo, non? Teño días en que soño con palabras descolocadas que me descolocan sempre. O meu (castigo, destino, amor apaixonado) son os crecabezas de palabras, puzzles, enigmas, misterios de desenterrar ideas entre a ferralla, lustrar é dar esplendor, sen excesivos brillos, que cegan, matan, apampan pouco (masoquismo en estado puro, confeso, e non preciso penitencia máis), palabras como zapatos, cepillo, betume (cuspe en tempos de miseria), cepillo, pano. O sol daquela ardía máis ca hoxe, claro. Hoxe son eu quen abrasa. Hai días en que co rotulador vermello na man me creo Zeus: zas, zas, zas!
Vou mercar um boli-láser...
2 comentários:
Bem a propósito, podes sempre ler o meu "Manual Para Escritores Lobisomens" que está no "Porta do Vento".
Beijos e bom fim de semana.
Vou deslizar, então, pela Porta do Vento, JPC, mas só porque não duvido que vai estar bem escrito.
Bom tudo (fim, príncipio e meio) para ti.
Enviar um comentário