segunda-feira, 26 de outubro de 2009

Jacuzzi e pantalla plana

Saio do cine máis fría ca o río conxelado que atravesan as protagonistas carrexando seres humanos, carne de explotación. Non conecto con ese mundo absurdo, insensible e consumista —e non vou pedir perdón— en que non hai cartos para comer decentemente e si para para pagar un televisor que non colle nas paredes da casa, onde o almorzo e a cea son flocos de millo e tang augado, cando polo mesmo diñeiro se lles pode dar aos fillos un vaso de leite. Non me conmove. A película será bestial, será. Pero non me emociona ese ambiente racista e ignorante en que vale todo por conseguir os cartos con que comprar unha casa con jacuzzi (non, non é para sobrevivir, ollo!, non se confundan, sobrevivir e nin iso é o que tentan os inmigrantes, maltratados e enganados cos seus tópicos ás costas), en que un adolescente egoísta e idiota para lle mercar un xogo ao irmán máis novo estafa vellas que o perdoan porque é branco e bo rapaz (?!). Non me emociona, non, a coraxe desas nais, de ningunha das dúas. Non vexo esperanzas nin de lonxe para unha xente capaz de arriscar a vida sobre unha capa fina de xeo por gañar nunha noite os cartos que non gaño eu nun mes (e vivo con dignidade), transportando persoas no maleteiro do coche como se fosen fardos de droga ou cartóns de tabaco mentres a policía mira para outro lado porque quen conduce ten a pel algo máis clara.

Saio do cine sen entender o que acabo de ver. E talvez sexa esa a intención última: mostrar algo que non se comprende. Ou serei eu que me consolo así da perplexidade?

2 comentários:

Teté disse...

Independentemente do filme e do que te transmitiu, essa gente existe, não se importando com a escravidão alheia ou até de a fomentar, desde que a ela não lhe falte o tal jacuzzi ou o ecrã plano...

É triste, mas é verdade! Como não vi o filme, aproveito para não ir vê-lo, já que para realidades tristes basta-me abrir a TV (sem ecrã plano) e ver o noticiário! (`_´)

Beijocas!

Sun Iou Miou disse...

A questão é que parte dos comentários em volta do filme, Teté, apelam ao que têm de fazerem as protagonistas (com uma vida muito complicada, sim) para sobreviverem (não acho de maneira nenhuma que o fim justifique os meios) e de que afinal se vislumbra esperança para elas. Não tenho certeza de que seja isso mesmo o que quis mostrar o realizador do filme, pois não tenho informação a respeito. Por outro lado, não devera ser suficiente o que se deduz da obra em si? Alguma coisa falha aí quando não é assim.

Penso que é um filme muito interessante e que dá que pensar, que vale a pena ver, porque mostra quais são as prioridades para algumas pessoas. Depois, gostava que outros espectadores dessem a sua opinião.