quarta-feira, 13 de abril de 2011

Apañado











Pronto, aí o está o guicho. Conste que eu nin reparaba nel, se non é a lurpia da faisá a levantar voo cun escándalo de carrilana cos rolamentos sen aceitar, deixando o compañeiro alí chantado a fazer de diana colorida. Aínda tivo sorte o coitado, porque se eu en vez de ser persoa que anda por aí coa cámara ao pescozo fose individua que anda por aí de escopeta ao ombro, destas horas esas plumas estaban a enfeitar un sombreiro e os interiores integrando a cadea trófica.

8 comentários:

Teté disse...

Uma sorte relativa, abandonado assim à má fila pela companheira... :)))

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Não só abandonado, Teté, mas denunciado!

Zé Marreta disse...

Mau! Mas tu agora deste em bióloga ou andas à procura de matéria prima para o arroz de cabidela?

Saudações!

Sun Iou Miou disse...

Eu nasci meia bióloga, Marreta. Mas o arroz de cabidela também ia (para a outra metade de mim).

Rub disse...

Relámbome só con verlle as cachas. Ó faisano, digo.

Sun Iou Miou disse...

Pensei que falaba de min, Rub Ruib. Que chasco!

Ruib Arm disse...

Bueno, xa sabe como é o de dondedijedigo.

Sun Iou Miou disse...

E onde pon o ollo igual tamén pon a bala, don home dos mil nomes.