Postal
Para escribir esta postal sentei na praza
a carón do soportal azul onde os vellos da vila
toman café e fuman mirándonos a nós, os estranxeiros,
cunha expresión de aburrimento sabio,
alén da curiosidade
e tamén do desprezo.
E cando escribía as follas das palmeiras
rozábanse coma coitelos. Este vento de inverno
é cálido e despexa a morte.
As palabras parecen fluír máis facilmente.
Poden facer algo máis que describir
o vento e os vellos e a cabalgada feroz dos días.
Recuperar algo que respira moi atrás,
alí onde non hai follas
afiadas coma coitelos.
Rabat, outono de 2007
Manuel Darriba. Os indios deixaron os verdes prados. Dep. Provincial da Coruña. 2010
Sem comentários:
Enviar um comentário