quarta-feira, 20 de abril de 2011
Eva
Eva naceu hai unha semana. Sei eu porque a tiven no colo e a nai paríraa de madrugada, aínda non se atrevía a abrir moito os ollos na penumbra do cuarto do hospital, entre ramos de flores e xente, enfermeiras e auxiliares que ían e viñan, o instinto de mamar ben aprendido e os avós felices. Todos felices, a verdade, cos ollos postos nas súas mans de velliña, as uñas longas que habería que cortarlle, á espera do primeiro sorriso que aínda tardará (ou non, porque logo parecerá que foi onte), os pés en harmonía co resto do corpo e tamén coas orellas, detalle este importante, talvez o máis importante.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Parabens!
:)
Os meus melhores desejos para a menina. Que o mundo seja enteiramente formoso para ela.
O mundo não há-de ser inteiramente formoso, nem muito menos, xenevra. Eu peço apenas que ela saiba ver a beleza que há no mundo. :)
Enviar um comentário