Fun a QuilometroCero para testemuñar a entrega á miña irmá e ao presunto da concesión por un período mínimo de dezaoito anos prorrogables dun modelo básico de última xeración cos gastos de actualizacións diarias non incluídos no paquete e sen manual de instrucións por tratarse dun trebello de reaccións imprevisibles, que debe ser manexado de modo intuitivo e racional. Tras unha revisión exhaustiva por parte de técnicos especializados de confianza, os encargados do mantemento e custodia recibiron, xunto cun cheque por valor de 2500 €, o certificado que acredita o perfecto estado de todos os elementos de serie que o integran.
Aproveitade a vela ao natural, que de aquí a nada empezan a pórlle extras e a tuneala.
18 comentários:
Non ten mala pinta a capicúa esta da Citi, sae cando ten que sair e manexando pasta gansa ¡Que carácter!
Non temos queixa da capicúa, Condado.
Parabéns pela nova sobrinha! :)))
Obrigada, Teté! Só vê-la dá-me fome.
¡Atención ó da fome, que aínda ten que durar 18 anos, a lo menos!
Por certo, a última vez que andiven metido neses negocios estabase a tramitar unha norma sobre posibles devolucións se o cliente non quedaba satisfeito. ¿Sábese algo novo ó respecto? Nese caso, ¿Cando caduca a garantía?
Por certo, Noraboa. ¿contastes ben as dedas da nena?
De comela é agora, Couselo, con ou sen patacas, que está tenriña: logo crían codia. Esta non se devolve, pero tampouco creo que teña garantía. Con respecto a dedos e dedas ten só vinte, que os "seis" de extra non os traía. (`_^)
E grazas polos parabéns.
Pero, coño, agora veñen sen garantía. Creo que hai unha lei que obriga a dar como mínimo dous anos. E senon, xa sabes, presenta unha queixa na oficina do consumidor.
parabens pela pequerrucha e... porra que é grande!! Deve ter custado a sair :P
(esqueci-me da checkbox)
Ai, Raposo, iso é o que pensan algúns, que se poden devolver se non quedamos satisfeitos... E non.
Fausto, a pequerrucha é pequerruchinha mesmo (a foto é um horror, mas é a que melhor luz tinha). Custou a saír, com certeza, mas não foi pelo tamanho: devia era ser pânico cénico.
...Pois debe ser o único carácter xenético que lle fallou, por que é cagadiña.
Noraboa unha vez máis, que tampouco é cousa que se perda biodiversidade
Cagadiña a min? Non digas iso da criatura, Couselo, co bonitiña que ela é!
Sinto-me incapaz de comentar, tanta é a frieza e a materialidade associada a um milagre da vida...
Que aos pais, pelo menos, a pequerrucha seja sempre motivo de orgulho e causa de felicidade.
Que se poderá dizer de diferente?
Ainda bem alguém percebeu a frieza, Jonas. Talvez só pretendesse disfarçar o que não vou explicar aqui.
¡NOraboa pola sobriña!
Miss Tollo
Moita moita noraboa, Miss Tollo. Grazas. (^_^)
Unha ricura.
Dálle moitos bicos nesas fazuliñas da miña parte.
Sigrid
Grazas, Sigrid, pero os bicos, como non llos dea virtuais (práctica neses non me falta), malamente. (`_^)
Enviar um comentário