E naquela aldea situada no medio e medio do universo coñecido, onde as árbores eran tocos secos sen follaxe que amparase da calor insólita do mediodía, o vello abriu a porta, coma un espectro esbrancuxado, atravesou a rúa calmamente e tendeume a man desexándome boa tarde, mentres eu lla apertaba suave, suave e lle correspondía cun sorriso, o primeiro en cen mil anos, que me desconxelaba o frío de dentro a trinta graos centígrados.
6 comentários:
Não havia outro título melhor para esse filme.
Dividida entre escolher um o outro, ti Jonas, optei pelos dois, tanto ao meu pesar.
Para desconxelar, o mellor o soriso e o contacto suave dun bos días. POde un estar conxelado a 37 grados e medio... durante anos!!
Saludos, prenda!!
Miss Tollo
Saúdos chuviñentos, Miss Tollo, para Vilamormallo. E a man, non o esquezas, que che tendan unha man tamén conta. (`_^)
...e a man, tes razón. Estou tan liada que levo 3 episodios da vella polaca sin ler ¡non os borres! que un destes días ha mellorar a miña situación ^___^. O domingo vou o "innombrable" a pasar o dia. Tal vez no miremos por alí
Saludiós: Miss Tollo
Pois se vés, Miss Tollo, aquí andaremos, se non andamos por outra parte, claro, que os camiños dediós están para os escrutarmos. E tranquila, que non sendo unha man negra que quere que a vella a espiche, aquí non se borra nada.
Enviar um comentário