domingo, 27 de abril de 2008

Que che dean, saudade!

Como se fose mañá de verán, almorzo fóra, o mundo non pode ser máis simple, máis á miña medida: a sombra dos arceses xaponeses, os cans á miña volta, o pisco confiado trócame unha migalla de pan por unha cantiga, os veciños seguramente durmirán a bebedeira santificando a festa, de fondo e dentro sóame Vita brevis... Non me doe o pasado, non me urxe o futuro. Son eu, por unha vez na vida, enteira.

4 comentários:

condado disse...

Mañá de verán, almorzo fóra, o mundo non pode ser máis simple, máis á miña medida: a sombra dos arceses xaponeses, os cans á miña volta, o pisco confiado trócame unha migalla de pan por unha cantiga, de fondo e dentro sóame Vita brevis... Non me doe o pasado, non me urxe o futuro. Son eu, por unha vez na vida, enteira. E iso que teño dito -coma Sun Iou Miou- que malamente sei quen son eu, meu... Son un pouco mentireira as veces, hoxe tampouco é verán, máis, coma se fora...

Sun Iou Miou disse...

Agora volvéstete plaxiario, Condado? E destas horas, non será xa máis xantar ca almorzo? Mira ao ceo, está aí xa a treboada á espreita.

Anónimo disse...

Felicidades.
Se no fondo é todo, sempre, moito máis simple.

Sun Iou Miou disse...

Vasme cun pouco de atraso, Sigrid, que xa non é domingo, pero grazas e que che sexa leve a semana.