sábado, 26 de julho de 2008

Filminho (IV)

Onte gocei coas curtas de Lara Bacelo, con algunhas máis, con outras algo menos, pero en conxunto xa compensou a tarde e parte da noite. E das músicas, que contan e tanto, quedei con esta xente, que puña a banda sonora no Mind the gap de Daniel Domínguez.

Mágoa todo o que quedou sen ver, en parte porque porfían na impuntualidade, talvez comprensible nas horas da sobremesa, pero cabreante na mesma; en parte, pola programación paralela, que me privou do filme de Manuel Mozos e das curtas proxectadas na última sesión da Nova. Quen fora deus!

1 comentário:

Sun Iou Miou disse...

Xa te tiña lido algunha vez, Sara Jess, pero non sabía que eras ti. Até creo que algunha curta xa a vira noutra parte, talvez no Play-Doc?
A foto do sinal lévoa no móbil e o outro dia tirei unha coa cámara temendo que acabase como a que hai no cruzamento anterior, esborranchada. (Curiosidade: antes de estar esse indicador houbo un primeiro no que puña "Espanha". As pontes unen porque permiten prolongar as conversas alén dos ríxidos horarios dos transbordadores.)