terça-feira, 29 de julho de 2008

A vella polaca. Epílogo

I
A cela é escura e fría, como corresponde ás celas dos epílogos tristes das historias, tal que este. A luz dun farol ilumínaa levemente ao entrar polo xanelo estreito que hai nunha das paredes. Preferiría dicir que era o luar o que entraba, pero non era, porque esta, como dixen, é a parte triste da historia e a lúa daríalle un ton melancólico do que carece. Se non renxe o catre, é simplemente porque se trata dun taboleiro cativo de aglomerado cuberto por un colchón de escuma e unhas sabas que cheiran ao desinfectante potente das lavanderías industriais, mesmo así incapaz de contrarrestar o bafo balorento irrespirable.
É a segunda noite que bota alí —ao día seguinte ha de pasar a disposición xudicial— e aínda non deu durmido nada. Está deitada, cos ollos abertos coma quen os ten fechados e os ouvidos á espreita de calquera ruído que a veña a acompañar, porque a soidade engorda a miúdo no silencio. Aí percibe entón un tris-tris e esculca na penumbra ata distinguir un rato a rillar nas migallas que lle caeran ao chan do pan da cea. En realidade —só ela o sabía—, deixáraas caer á mantenta. Míranse un instante. Ela sóñao aniñado no peito, tanto abandono sente, tanta ausencia. O rato só se soña atrapado: o instinto mándao a recuar para o tobo. Aínda asoma un segundo os bigotes, pero un xesto conciliador da Miss Anyeska escorréntao e desaparece —Ó fujão!—: queda del apenas unha colección de imaxes na memoria.

II
O Eustaquio entra co xornal e póusallo encol da mesa. Don Sexismundo distráese na primeira plana, onde destaca un artigo no que se amplían detalles sobre a detención practicada hai dúas noites dunha estranxeira que se dedicaba a pisparlles o capital a vellos incautos. Sacode a cabeza con suficiencia. A el iso, ca, non ho!, non lle pasa. Non se fía das estranxeiras. Onde estea a muller portuguesa, he! E mira para a señorita Jennifer a través do van da porta, que lle devolve unha ollada coqueta e unha finta mínima de adentar no labio inferior. Está no papo, pensa el. Caeu coma un pimpín, felicítase ela.

III
O Rei da Lã quita do peto da zamarra azul un anaco de touciño envolto en panos de papel e unha codia de pan reseso que gardou da noite anterior, mentres o Violeto lle achega un dos dous cafés que trae.
—Convidou o músico, que esta mañá está espléndido —di sinalando para o Couselo, que lle toca unha morna a unha Sigrid extasiada.
—Morreulle alguén?
—Máis ben ha ser que lle reviviu a gaita.
—A ti paréceche que me fedan os pés, Violeto?
—Iso, Rei, é porque tes os dedos en flor.
—Ai é?
—É.
—Un cigarro, persoal? —ofrece a Miss Tollo, que senta ao carón do Rei.
—Vai acabar o mundo ou que? —sornéalle o historiador, que non desaproveita a ocasión— O outro é para logo.
—Non veu o Fausto? —a moza tose a calada que lle raspa na gorxa.
—Disque hoxe ía a non sei que do bebé. Non sabía que tiña un fillo, tan novo el.
—Do BB.
—Eu que dixen? Non será porque non lle dei condóns. Agora que hai que andar cun ollo, que algunhas, condenadas, como o queiran trincar a un, fúranchos. Os condóns teñen que estar sempre da man da xente.
—Bos días a todos.
E todos viran a cabeza porque ninguén a sentira chegar, vindo como viña Em Bicos de Pés.
—Ola, flor, bo día para ti tamén —Frase que a estas alturas do conto xa non fai falla especificar quen a pronuncia.
Polo outro extremo do xardín, subindo da ribeira, xorden o Capitão Merda e a Teté: el co xornal baixo o brazo a ferver de novas quentiñas; ela idem per idem cos impresos das enquisas sen estrear aínda. A charla que traen é animada pero só se lles entende non sei o que de masaxes na praia e exilios ao Irán.

IV
Espreguízase La Queue Bleue. Cómpre ir pensando en erguerse aínda que non ten gana ningunha. Hai días así: que nacen baleiros de sentido. De todas maneiras sabe que non lle queda outra: de alí a nada han empezar a saír dos cuartos algúns hóspedes para asearse nos baños comúns e almorzar. Muller, despois do susto da outra noite e a angustia sufrida na comisaría, a cousa resolveuse con ben para todos, digo, case todos. Non lle entra na cabeza o da moza que veu co Jonas. Por certo, que que sería do tunante? Como fixo para se zafar de ir para o caldeiro? Polo aspecto do cuarto parece que agachou debaixo da cama. Pero e a outra… por que non o delatou? Hai algo que non canxa. Debería irse interesar, que igual necesita algo, coitada. Non terá familia que a valla aquí nin can que lle ladre. En fin, arriba, madame, a vida continúa: pónteme a facer o café.

17 comentários:

Rafeiro Perfumado disse...

Confesso, não percebi a ponta dum corno...

Sun Iou Miou disse...

Nem sabes quanto me alegro, Rafeiro! (`_^) Vou ai um segundo, suicido-me e volto já.

Rei da Lã disse...

Mais uns quilos de rexoubas?

Sun Iou Miou disse...

Hoje roubaram-te a frase, Rei! Ah, não digas que não percebeste peva, porque não acredito. Diz melhor que não tiveste pachorra para ler o "kestamerda, pa"?

As rexoubas quere-las inteiras ou esparradas (isto é, 'esparradas' em galego: abertas ao meio, sem espinha e empanadas)?

Se há alguém mais por ai que não percebeu patavina, estejam à vontade. São bem-vindos a xingar na mesma. Já nem dou por isso.

Capitão Merda disse...

Não se arranja uma versão traduzida?

Sun Iou Miou disse...

No caso de que se pudesse arranjar, que é coisa duvidosa neste meu português de mínimos, Capitão, depois veriam que não vale nada e que seria do meu prestígio? Não há como falar sem deixar-se entender para o pessoal ficar de boca aberta e a fazer reverências.

condado disse...

Eu xa te avisei que tiveras coidado cos tugas que te facían traballar de máis. Veste?
Pois iso que siga a vida a rodar...

Sun Iou Miou disse...

Onde andas, Condado? Já voltaste? Se me venho? Agora fazes perguntas porno? Ou querias dizer "Viste?"? Está isto que a gente já nem se entende.

condado disse...

Estou no norte, Viveiro, praias tranquilas, moita calor e peixe... bueno non pican tanto...

Viste, claro, viste...

Teté disse...

Qué verguenza (é assim que se escreve?), nem a porcaria dos inquéritos consegui concluir... (`_^)

Tá-se bem! disse...

Velha polaca tem a ver com o Jonas, certo?? ehehehehe Lá vem ele dizer que falo muito! :p

Beijooo

Sun Iou Miou disse...

Pois, Condado, eu continuo no sur do norte: chuva, mormazo, nin carne nin peixe... En fin, unha seca (aínda ben: xa chegou a batería nova, esta tarde vou colocala.)

Sun Iou Miou disse...

Teté, já disse que para que a estória terminasse bem para alguns, só podia terminar mal para outros. Até parece filme de Hollywood, que só tem final feliz para o protagonista. Já o estou a imaginar em Itaparica, caipirinha, sol, praia... Para a próxima prometo-te um inquérito finalizado.

Sun Iou Miou disse...

Pois, Tá-se bem!, é uma estória que fiz a partir dessas coisas que conta no blog dele. Podes ver a explicação, se tiveres pachorra, no primeiro capítulo, clicando ai no link à direita. 'Joquinhas.

Sun Iou Miou disse...

Ah, Teté, em castelhano escreveste quase bem, só faltou o ¨: qué vergüenza. Mas não é vergonha nenhuma, fica descansada. A culpa não é tua, mas das circunstâncias.

Anónimo disse...

Non te puideches resistir, Sun Iou Miou, a unha migalla de esperanza.
Como ten que ser.
Sigrid.

Sun Iou Miou disse...

Sigrid, migalla de esperanza onde???!!! Vexo que ti tampouco entendiches "ponta dum corno". Outro comentario destes e paso a escribir directamente en chinés e sen saber, que total...