terça-feira, 8 de julho de 2008

Morreu o conto?

Foi agora vai para un ano na cita anual que temos en Cereixo. Despedírame dos meus amigos a noite anterior. Eles aínda quedaban un día máis, así que deixeille o diñeiro á miña compañeira de cuarto para que me pagase a durmida e ben cedo virei a burra de volta ao sur. Na Costa da Morte é grande a tentación do abismo para me demorar nela máis da conta.

Cando na hora de marchar foron pagar, esta foi a conversa:

-Entón son dous cuartos, tres noites, un individual e outro dobre.
-Non, ten que cobrar tamén o da nosa amiga da moto, que marchou xa.
-Ai, non, o cuarto da da moto está pago.
-Como está pago, se nos deixou os cartos a nós?
-Pagáronlle o cuarto uns amigos dela, de Barcelona, médicos eles, antes de marcharen, que disque se coñecían moito e que se encontraron aquí de casualidade.
-Pero non pode ser. Ela non nos comentou que se encontrase con ninguén. Ten que haber unha confusión.
-Non hai confusión ningunha. O cuarto está pago. E non llelo vou cobrar dúas veces.
-Como queira. Para o ano, como habemos de volver, se cadra xa axustamos as contas.
-Para o ano morreu o conto.

Non me encontrei con ninguén de Barcelona. Era a única muller de moto hospedada aquela fin de semana no hotel, que non pasaba dun establecemento familiar pequeno. Quen me pagou o cuarto? Quen quedou co cuarto sen pagar? Habemos de ver este ano, logo, se morreu ou non morreu o conto e de que.

5 comentários:

Teté disse...

Esta do morreu o conto é alguma expressão idiomática? Assim tipo "Vitória, vitória, acabou-se a história"?

Sabes lá se tens aí tímidos admiradores espalhados pelo mundo... (^_^)

Sun Iou Miou disse...

"Morreu o conto" quer dizer "não há mais que falar", "assunto terminado", pelo menos neste contexto. O homem quis dizer que no próximo ano (este em que estamos) não haveria nada que falar daquilo, que ele já cobrara.
O que não sei eu é o que vão opinar esses supostos "amigos" de Barcelona se voltam lá este ano também.

Sun Iou Miou disse...

Ah, Teté, não lera o final do comentário. Deixa-me de admiradores, que eles logo se desiludem quando conhecem de verdade o monstro que levo dentro. (*_*)

condado disse...

Me cago en la... mira quén foi a do cuarto. Pois nena xa me estás mandando os trinta euros que me fan falta demáis con esta crise... e aínda por riba chuleandose no blog... Menuda jeta

Sun Iou Miou disse...

Chuleando nada, Condado: precisamente decidín colocalo aquí para ver se aparecen os meus involuntarios benefactores, dado que este blog se le no aquén e no alén. Pero ti non fuches, que acento catalán non tes, por moito que canta a Llach. (`_^) Vou ver se tomo a ración de penso, que me son horas.