sexta-feira, 5 de setembro de 2008

Aparencias

Se agora, tras fechar o libro de poemas,
me ves a pousar o queixo
na palma da man dereita,
o mesmo cres, pimpín,
pola miña actitude de pensador marmóreo,
que vaga absorta a miña mente
polas reviravoltas dun espírito torturado.

E non.

Se logo abro o caderno de pastas negras
e destapo a pluma con ritual lento
para me pór a escribir isto,
que claramente —e espreitas— son versos,
aínda vas pensar, lambón,
que tes diante unha intelectual célebre
desas que ninguén coñece por ignorancia.

E non.

É só que teño hora marcada
na perruquería para ir tinguir o pelo,
e estando a contemplar o río,
na heraclítea mudanza reflectida,
sinceramente,
mandaba a cita ao carallo.

Pero convén gardar as aparencias.
Hihihi...

6 comentários:

leticia disse...

Es que las cosas no son como parecen.

Muy buena entrada. Me reí mucho en la primera lectura, pero luego me gustó aún más.

Tá-se bem! disse...

ahahahahaha y vas a tinguir de que color??

As aparências iludem né? eheheheh

Beijoo de buenas noches ;))

Sun Iou Miou disse...

Letícia, a realidade é assim nada romântica. (`_^)

Beijo

Sun Iou Miou disse...

A cor de sempre, Tá-se bem!, para não delatar que pinto o cabelo. (^_^)

Beijoazinho de sexta, sexta, sexta!!!

(Boh! Trabalho de fim-de-semana...)

Anónimo disse...

Comprobo que a canícula non che afectou ós miolos.
Sigrid, regresada das vacacións e con gana de saber que espectáculos se pasaron neste cabaré de tanta sona.

Sun Iou Miou disse...

Evidentemente, Sigrid. Os meus miolos a peor non poden ir.

Xa estaba estrañando os comentadores de inverno.

Bicos