segunda-feira, 15 de setembro de 2008
Isto é que son amigos
Cando volvín de Lisboa, fun tomar café na Aldea. Mandáronme esperar un segundo e antes de mo serviren, puxéronme diante un precioso volume do Para Sempre, do Virgílio Ferreira, con ilustracións do Júlio Resende. Arregalei os ollos ao velo, sen me atrever a tocalo, sen saber que aínda os había de arregalar máis:
-Deixaron isto aquí para ti.
Eu non daba creto. Como?, preguntaba, Para min? E era o máis lóxico que fose para min, era un libro, como non ía ser para min?! Pero quen? Cando?
-Veu o Jose a traelo noutronte, que preguntou por ti, que te chamara, non lle colleras. Dixémoslle que estabas en Lisboa.
Entón recordei as dúas chamadas perdidas que tiña dun dos meus J no móbil, que llas devolvín e non me colleu, eu pensando que serían para irmos facer unhas tentativas de voo raso polo mar coa cometa... E mira ti o que era. Isto é que é un amigo. Roubar así un libro para min, iso non o fai calquera. E a dedicatoria... Porras, Josito, que case me fas chorar. Grande eu que mido metro e medio! A ver agora isto como cho compenso...
E cando cheguei á casa, abrín a caixa de correo e aí xa non houbo sorpresa, porque estaba á espera. Chegoume o Tras o solpor de Haruki Murakami, na tradución galega a dúas cabezas de Boo-chan e Mona Imai. Como xa o lera esta primavera na versión inglesa, vou poder comparar, así que non te zafas, rapaz!, mándoche a crítica en canto lea, pero ten paciencia, que se me acumulou o choio e hai moita lista de espera. Está tranquilo: na primeira páxina non hai grallas. (`_^)
Ao día seguinte fun á Cidadeabertaaomar e tocou cafés pendentes con Sigrid, co Sapiño Encantadísimo e coa miña madriña, que me tiña outra sorpresa, que non era sopresa, pero como se fose: Age of Iron de Coetzee.
En fin, Kaplan, isto vai un pouco por ti, polo desafío que non che aceptei, en versión futurista.
Case até me quere nacer un sorriso e todo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Eh, tantos mimos em forma de livro...
Também escrevo sobre alguns livros que li - especialmente os que mais me agradaram - não sobre todos. Quanto ao resto concordo com Kaplan: o tempo é curto para ler o que nos interessa, não há que o perder a ler páginas chatas, possidónias, desinteressantes...
Jinhos! (`_^)
Foram outros os tempos de leituras obrigatórias, Teté. Agora é a nossa! (`_^)
Desses mimos venham sempre.
Estou à espera dessa crítica (espero que seja destrutiva^^)
Paciencia, ボーちゃん, que me dá pánico que non me guste (`_^).
Enviar um comentário