segunda-feira, 27 de julho de 2009

O príncipe desencantado (IV) A tirapuxa virtual

—Ao conto, que o público aínda lle perde o fío ao nobelo! —exclamou pola calada (os ollos xesticulando, as mans acenantes) o xenio desapercibido que manexaba os destinos dos monicreques da obra, temendo no fondo unha rebelión no poleiro e a desbandada do patio de butacas.

Mudado o decorado, encontramos o príncipe cos ollos pegados a unha pantalla de ordenador, nun cíber cutre, en penumbra, mal ou nada ventilado, cun certo cheiro ao facotexo que desambientaba bastante, pero el, que en tan boas pallas se criara, parecía inmune. Quen sabe? Se cadra é que nese momento tiña as prioridades e os sentidos todos concentrados nun punto (pistas para os despistados: aló polo baixo ventre ou máis abaixo).

Semana e media duraba xa a latricada no messenger e o encontro seguía sen concretarse, cousa que tiña o noso protagonista negro, degoirado e coa man esfolada. A imaxinación nestas cousas é tan útil no ante e no durante coma frustrante no despois. Ilusións son para ilusos! Foi sabendo así, ou crendo, que ela era de alto berce escocés, que moraba no Linlithgow Palace (até entre os "sen-teito" hai clases) e que a súa única aspiración real na vida era formar unha familia, nin que para iso, explicou con tímidez provocativa, houbese que recorrer ao sexo.

Foi ver a palabra das súas angustias na ventá dos diálogos cando a conexión se interrompeu. A sala quedou sumida na escuridade total mentres fóra, apenas décimas de segundo despois, retumbaba un trebón que abafou a trompada que o príncipe se meteu contra a porta fechada ao tentar fuxir do local sen pagar. E así como ía para atrás rebotado e aieaiexemente, o porteiro, que en cuestión de calotes prescindía de cerimonias e protocolos, mandoulle un estalo na crisma, que houbo de lla fender non fose a codia que se lle formara de tanta losqueada por probar a coroa paterna sen permiso.

Unha vez na rúa, os chuzos xélidos que caían de punta encargáronse de baixarlle as inchazóns todas do corpiño.

6 comentários:

Anónimo disse...

Non da alma ou do amor propio,supoño, que esas non lle son do corpo senón do software.

Sun Iou Miou disse...

O princípe, que se saiba, carecía deses accesorios, Kaplan. (`_^)

Teté disse...

Este príncipe é um incompreendido - agora até o porteiro o trata ao estalo? Só por causa da tentativa de calote? It's an injustice it is! Poor Calimero...

Beijocas, Sun!!! (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Já voltaste das férias, Teté? Olha que foram curtas. Reclama, que o verão ainda não terminou! (Espero que não fosse por causa da dentuça...)

E sim, tadito príncipe. Só lhe falta a casca de ovo na cabeça. (`_^)

Beijoquita

Rafeiro Perfumado disse...

Semana e meia no Messenger? Como é que ele fazia, usava fraldas e mandava vir pizzas?

Sun Iou Miou disse...

Ó, Rafeirito, digo eu que entre conversa e conversa continuaria a trabalhar na cozinha do fish&chips e que o da semana e meia não era assim tão literal, só no tempo livre. Se tenho de explicar os pormenores todos, até as vezes que ia mijar e quando mudava, ou se mudava, a roupa interior (cuecas, diz-se?), escrevia um romance!