sexta-feira, 24 de julho de 2009

Umbilicar cativo










É noite cando a alma cae en picado e un (alguén indeterminado ou xente deshumana) barrena, barrena, barrena á súa procura, mentres no peito se instala a dor —un sisear penetrante do trade que fura as entrañas— absorbendo folgos, destilando nadas que cristalizan na canfurna onde houbo corazón. Aí xa, o resto do corpo, solidario, condóese en ondas feroces que fenden a madrugada ao compás do tic-tac xordo do reloxo electrónico: arde coma quen pisa brasas a planta dos pés, a masa encefálica preme contra o cranio en tentativa frustrada de se liberar, nos ouvidos zoa a desmesura dos abismos circundantes, renegan os ollos das estrelas coma alfinetes, renxe a nuca (ñeec... ñeec), xemen cóbados e xeonllos reclamando atencións para a súa minimportancia e no papo das pernas mil caneladas pulsan na carne espetándose en tibias e peronés, danzantescas. É o corpo enteiro urxido pola gravitación universal quen afunde no desdén dun colchón de viscoelástica (palabra noxenta coma poucas). Até que... un sobre de pós brancos allea o ser desmembrándoo da consciencia. Zzzzzz...

Mórrese por muito menos en... un país que empeza por B e cuxo nome retirei por ver se era esa a causa de que me invadisen este e só este texto os spams de caracter e caracteres orientais. E contando...

4 comentários:

Anónimo disse...

Voltou: por aquí comezaba un a botala en falta, espero que fose por ben a ausencia.

Sun Iou Miou disse...

Grazas, Kaplan.

(Xa me debera coñecer a estas alturas, ou mellor dito, nestes abismos.)

Teño un par de relatos que continuar e algunhas visitas que responder e devolver. Iso sempre obriga. (`_^)

João Paulo Cardoso disse...

Bem-vinda sejas do mundo do vale de zombies e abismos infinitos.

Ao fundo do vale o arco-íris promete potes de ouro
(ou pelo menos uma parada gay).

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

"Nunca choveu tanto que non escampase", dizem os velhos, JPC, e eu também digo, talvez por velha.

E bicos