quarta-feira, 7 de outubro de 2009
O pasado inoportuno
Decidín ir a Cidadeabertaaomar despois do dioivo, antes que rematase a semana sen ver unha peli que andaba adiando por motivos e senrazóns varios: sábado convidáronme a cear os pais dun dos meus J que viñeran de visita, domingo invadiume non sei se o cansazo se a preguiza, luns decidín dar outro repaso nun traballo antes de entregalo e como xa só me quedaba hoxe ou mañá, e mañá nunca se sabe...
Cheguei un pouco antes da hora e entrei nunha cafetería coa idea de ler. Como non había onde elixir, resigneime a ocupar unha mesa baixo o televisor. Pedín un cortado e abrín o libro de Jo Nesbø no que ando mergullada ultimamente (cando remate conto, non se me precipiten). Imposible concentrarme. Tocáranme ao lado dous tratantes de hamburguesas! Un deles era catalán e discreto, case nin lle entendía o que dicía do baixo que falaba, pero o outro, que era o xefe e español! (el dixit, ofendidísimo porque o interlocutor aludiu ao seu lixeiro acento venozolano), tiña volume de tenor e debía pensar que estaba na ópera o impresentable. En fin, a min que me máis me dará.
Non me acabou de entusiasmar a película. Quero dicir no fondo. O argumento estaba claro, trama de espionaxe e contraespionaxe, dominación do mundo, corrupción, o pasado que nos persegue. Branco e negro fronte a cor, para que non se lle perda o fío. E de cando en cando unha atacada de violencia brutal, non nos vaia vencer o sono. En fin, que non é que me chistase pero tampouco me matou vela. Saín indefinida. E non me apetece facer unha análise máis exhaustiva. Confórmense.
Todo o camiño de volta paseino á procura dun programa interesante na radio. Ao primeiro aínda ben, que cachei o final dunha tertulia co tema do día, pero aquilo acabou e empezaron as nocturnidades: que se a muller é invisible a partir dos corenta (gran descubrimento!), que se unha que chama porque se namorou dun home casado pola internet e sabe que non ten futuro ningún con el pero mesmo así... (nihil novum), paro un pouco a escoitar os Erros meus do Camões pola Amália (isto tamén, eterno) e logo acabamos en Madame Butterfly, desamor e suicidio (o tiro de graza), mentres abro o portal, xa cismando nas mil e unha formas de me anestesiar (sálvome que non teño a katana a man). Aínda ben, a Lima recíbeme como se me quixese...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
E não é bom haver sempre uma "Lima" por perto a fazer-nos sentir amadas, em vez de procurarmos a catana que não está à mão?!
Claro que existem momentos que deveríamos deixar para amanhã, todos os dias... (`_´) Se os adivinhássemos, pois, noutros tempos seríamos queimadas nas fogueiras!
Aprecio ópera ao mesmo nível do fado - quer dizer, só muito de vez em quando - mas achei o clip fantástico. Já os amadores a treinar no café com o subordinado é de fugir, mesmo!!!
Beijocas!
* Já o amador a treinar... obviamente! ;)
Nem imaginas, Teté, a chibança do gajo.
(E sim, sempre melhor ficar toda lambida pela Lima que acariciada por uma catana, todavia sabendo que o bicho só me quer pelo interesse: a janta.)
Claro que a quere, non a vai querer...! Ai, o mundo está terrible, pero desde sempre, non é ningunha sorpresa. A min, para non ser menos, tamén me reciben como se me quixesen os peixiños do acuario: até parece que dan pinchacarneiros natatorios cando me ven; logo acórdame que só teñen 6 minutos de memoria e eu pasei horas fóra da casa. En fin, que procuro ir ao pé deles cada 5 minutos cando estou na casa.
Onte, ademais, foi o cabodano da Amália: na rtp non pararon
Por isso, Kaplan, vin eu a escoitar pola radio, cando volvía do cine. Era o único minimamente decente que fun capaz de coller.
Póñalles un vídeo seu aos peixiños, programado de cinco en cinco minutos.
Ante tanta decadencia soio queda anovar ca producción propia.
Que se a muller é invisible a partir dos corenta? . Non mo parece, eso é máis lenda que unha realidade, senon sería socialmente terrible e moi indicativo da memez colectiva
Benvido, Bieito.
Son puntos de vista, naturalmente, pero socialmente hai moita cousa terrible e memez colectiva tampouco falta.
En fin, tamén non é nada que me preocupe. (`_^)
Enviar um comentário