Que onte chovese insisten-te-men-te-te-te-te-te-te tras uns días de calor e sol abafantes (verán de san Miguel, nada insólito no calendario) plantou caldo a fumegar e tobo na imaxinación dos agoireiros.
—Chegou o inverno!
Isabel, a vendedora da ONCE, devólveme así o saúdo, antes de se introducir no coche, a amparar co corpo da molladura a cea preparada que acaba de comprar no da Diana, mentres paso coa Lima, pitiños pingantes nós, felices (e non tendo eu rabo para abanar sorrío):
—Non chegou nada! U-lo frío?!
E o vento por ningures, calma de fíos en vertical desabando só, gloria de chapuzar nas pozas. Está o tempo de escacharen os ourizos de castañas nos camiños, todo corazón lustrado de espurgar, cru, asado, cocido... E máis nada.
12 comentários:
Fuuuuu!
Mola, señora iou Miou. E o bo das castañas, ademáis, son os foguetes.
Eu creo que a Isabel Once xa lle pide o corpo Inverno, e non é a única: Ithaca desde o diluvio de Sábado máis parece casa de banho após a ducha do que cidade.
E non era mellor un pouquichiño de vento que movese o espírito, un friíño de nada (poñamos 8º-10º)?
Aí é onde entra o vento en acción, señor r.r. :P
O vento xa aí o anda, Kaplan. De temperatura a min vaime ben así. Con máis frío entálanseme os dedos e nin sei que tecla toco. En todo caso, e mal que me pese, ao seu debido tempo ha de descender.
Alfonsina, que bonito! e letras rosas e cabalos amarelos... Ben sei a quen lle senta ben este outono... E dentro de dou días: cogumelos!
Alfonsina, bonita e triste. Nin sei porque a xente porfía en morrer en outono, co fermoso que é. E saboroso.
Nunca vi esses ouriços de castanhas a não ser em fotos, mas são realmente curiosos! Um exterior que não faz suspeitar sobre o que está no interior... (`_^)
Pois aqui hoje também está de chuva, mas ainda se anda de t-shirt, que está calor demais para usar mangas compridas!
E sim, os agourentos serão sempre agourentos...
Beijoquitas!
Por acaso esse ouriço é de nacionalidade portuguesa, Teté.(`_^)
Cá está chuvento, chuvento, mas também de t-shirt.
Boa semana!
Ben, a choiva xa chegou, a baixada de temperatura ha de chegar, e as castañas novas aínda non as catei pero deste fin de semana non pasa.
Apertas.
Este tempo máis non! Que se aclare o universo, ou vai frio, ou vai calor, calor chovendo é demencial!
E canto máis frio, máis perto os magostos :p
E nós que cheguemos, Raposo. Xa contará entón como lle souberon as castañas.
O universo por unha vez está perfectamente claro (ou cincento, debera dicir), Alodia: é outono. Vento, leve descenso das temperaturas e chuvia. O frío ha de vir ao seu debido tempo, ten que vir para que o ciclo se renove. Canto máis frío, máis inverno, máis perto do verán... :P
A min gústame isto, que lle queres?
Enviar um comentário