terça-feira, 8 de junho de 2010

Aínda (aló no alén) hai clases

Non sei que me desacouga máis: a hipótese (que outros chaman dogma de fe) de que haxa no inferno categorías distintas de condenados sobre os cales os funcionarios do tridente deberán aplicar cadanseu e senlleiro método e grao de tormento e perversión ou que até no paraíso existan desigualdades. Pensaba eu que isto do val do lágrimas compensaba minimamente se no ceo a gloria estaba non só garantida senón ben repartida (xa nin esixiría o premio de cen homes maduros, sabios e experimentados para completar orgasmos celestiais), pero agora resulta que non, que vai haber prebendas e privilexios como aquí, (in)xustizas diferenciadas e aínda para máis eternas, sen o consolo da redención e unha morte certa á vista. Onde é para desapuntarse?

(Grazas por me facer caer da burra a tempo, don Rubén Ruibal.)

28 comentários:

Kapikua disse...

Ainda há quem ature esta malta?

Beijo desexorcizado

Sun Iou Miou disse...

Até eu tenho quem me siga, imagina se tem tolos o mundo, Kapik. ;)

Beijo em diferentes graus de tormento e perversão.

Kapikua disse...

pois tens! E eu sou um deles...

Tolo eu? :)

Beijo carregado de perversão!

pau disse...

meu deus! nao lera a notícia!!!!
eu tb te sigo. Beijos repervertidos e mesmo subvertidos.

Brinquinho da cantareira disse...

E eu seguirei:):)

Teté disse...

O que vale é que não acredito em Inferno ou Céu, senão também ficava muitíssimo desapontada!!! Mais do mesmo na outra vida, sendo que sem fim à vista? Pufff... :)

Beijoquitas!

Anónimo disse...

Ben poderá ser que se trate dunha cuestión de medias (ao mellor até me resulta verosímil por andar estes días coa calcuradora facendo medias), pero non se fíe: estes cregos están tan habituados a falar en nome do Xefe e a interpretarlle o que quere e non quere que xa non distinguen a realidade do que non o é
(tamén iso me pasa a min nestas datas corrixindo o que corrixo e o que non se dá corrixido)

Chousa da Alcandra disse...

Un inferno igualitario non tería mérito. Eu quero ver como a outr@s os torturan máis ca min (para iso aquí, nesta val bagoento por veces) hainos moito máis malévolos do que eu podo imaxinar que son...

Raposo disse...

Aquí, pero ten que cubrir todos estes impresos, fotocopia compulsada do DNI y da Primeira Comunión, certificado de antecedentes penais, certificado de empadroamento en ningures, póliza de seguros en vigor contra os malos rollos, e non esqueza traer un xamonciño ou unhas botellas de viño para axilizar a cousa.
Polo demais, non sabe canto me tranquiliza a noticia.

R.R. disse...

As gracias hai que llas dar ó señor dlH61, que foi quen me iluminou con semellante nova; o mesmo que co saber universal seguinte: ¿non é o mesmísimo Satán un chaíñas do seu nososeñor dado que se dedica a castigar os malos de vez de premialos? Vaia merda de demo; e para máis, clasista.

Marreta disse...

Ora porra, ando eu aqui a cultivar a justiça terrena para depois me sujeitar à injustiça celestial. Sendo assim, fico-me pela pirâmide infernal.

Saudações do Marreta.

Anónimo disse...

Cada pessoa é que faz da sua vida um inferno o um paraiso, sabemos lá o que há depois da morte!

Beijinhos :)

Tronkimazín disse...

Un profe amigo noso do Rosal , cando os nenos teñen que ir a relixión pregúntalles ¿quén ten clase de ciencia-ficción? (con perdón para aos aficcionados a éste xénero).
Pero hay infernos...
"Uno no se enamoró nunca, y ése fue su infierno. Otro, sí, y ésa fue su condena."

Robert Burton

José Leite disse...

Céu e inferno existem. Há um lugar concreto para eles.

Mas fica ao gosto de cada um encontrá-los...

Kapikua disse...

gostei da mudança gráfica
Beijo

Sun Iou Miou disse...

Com muito atraso e desculpas, agradeço-vos a vista e a paciência.

Kapik, perversões destas, beijadíssimas, que não nos faltem. E gosto de que gostes das mudanças. Esta-se bem assim.

Sun Iou Miou disse...

Grazas, tamén, polo seguimento. Vou ver se retorno às visitas blogosféricas, Pau, aos poucos.

Sun Iou Miou disse...

Bem-vinda e sigue, Susaninha, se quiseres, mas nunca e só por ser seguida. Aqui só se sorri quando calha. ;)

Sun Iou Miou disse...

Ó, Teté, não acreditas em céus nem infernos? Vai-te preparando para arderes, desqrida!

Sun Iou Miou disse...

Non fiarei, daquela, Kaplan. Ten vostede razón: a xente brinca a interpretar a deus e acaba perdendo os papeis.

Sun Iou Miou disse...

Haberá que pagar entrada en primeira fila par ao espectáculo, Chousa? Onte vin dúas lindas motoristas avespadas de casco rosa chicle e lembrei-me de ti. Non lles puiden roubar a alma, porque eu ía na miña burra mansa cando me crucei con elas, pero era fermosura plástica que se me apegou aos sangumiños, dígoche.

Sun Iou Miou disse...

Diormío, Raposo!, case morro e que sexa o que deus queira. A burocracia inventouse para crear desistencias mesmo. De calquera maneira, uns viños e unha lascas finas de xamón entraban ben.

Sun Iou Miou disse...

Vostede e a súa agudeza mental, don R.R., até que chincha un pouco, sabía? Amólame que teña razón. Xa me está escribindo unha obra moi dramática sobre isto...

Sun Iou Miou disse...

Marreta, para quando uma farra blogosférica no inferno? Brasas para os assados não faltariam. ;)

Sun Iou Miou disse...

Há quem sabe o que há, Fernanda, há quem tem certeza absoluta que sabe. ;)

Beijinho

Sun Iou Miou disse...

Matáchesme, Tronki, non hai salvación.

(E continúa a chover, múdame ese pneu careca!)

Sun Iou Miou disse...

Obrigada pela visita, rouxinol de Bernardim. Enquanto recuperar fôlegos vou lá espreitar.

Não duvido da existência de lugar nenhum: apenas da sua situação no tempo. Mas isto, claro, são apreciações não empíricas. ;)

Sun Iou Miou disse...

Beijo gostoso, Kapik. ;)