terça-feira, 1 de junho de 2010

Lapso temporal

Tiña a consulta de Rehabilitación ás 17.45. Era un ir e vir, porque total xa o outro (que outro?!, ele!!!) me dixera que non había nada que facer. Ía con tempo de sobra, pero cando entro polo corredor adiante soa a campaíña e na pantalla aparece o meu código (agora non temos nome, senón código, pero non me queixo: o sistema é eficaz).

―Que rapidez. Nin tempo me deu a sentar.
―É que non había ninguén e fun chamando. Mellor non?
―(Sorriso)
―(Sorriso)

Cóntolle telegraficamente o que me pasaba e xa case non me pasa. Porque os ósos nestes tres meses deixaron de doer (tantísimo) e os xeonllos andan que nin os coñezo, lubricados. Resúmolle ametrallado o meu historial clínico: faime a ficha, apálpame, mándame facer forza coas pernas. Sorrimos.

―De calquera forma, se ves que che doe outra vez, pides cita ao médico de cabeceira e volves ―sorríe.
―(Sorriso)

Vexo o reloxo da moto. Son as 16.43. Algo está mal aquí penso. Entón eu tiña cita ás 17.45 (confirmo vendo no papel), a min nalgún lugar cruzóuseme un cable, vin unha hora e cuarto antes, polo si ou polo non (o cuarto a máis era para ler un chisco na sala de espera!, cousa que non...) e atendéronme?!

Definitivamente, teño que ir mirar a cabeza... aínda que sospeito que para isto non hai remedio tampouco.

14 comentários:

Teté disse...

Só dá para sorrir, mesmo! Com hora e meia de antecedência foste atendida? Mas não,quando voltar a uma consulta médica de rotina, não vou tentar chegar lá tão antes da hora - arrisco-me a passar lá mais horas que o habitual e até a acabar o livro que levo sempre para ler...

Mas boas notícias são sempre bem-vindas!

Abracinho nesses ossos menos doridos! :)

Sun Iou Miou disse...

Preocupa-me mesmo a minha cabeça, Teté. Será que me doem menos os ossos porque a cabeça está avariada de vez e não recebe os impulsos certos? ;)

Beijoquita

xenevra disse...

Parece que o tempo vai para atrás e os ósos voltan á primixenia feitura e a cabeza fai xogos malabares que evitan esperas ineficaces. Esta é a fortuna de ter un reloxo que desconta ;)

Sun Iou Miou disse...

Iso chámase pensamento positivo, Xenevra. Non o vira así, pero grazas pola perspectiva. :)

Rafeiro Perfumado disse...

Tu estás a queixar-te de ser atendida antes do tempo? Ó mulher, isso é o sonho de qualquer doente!

marreta disse...

Cá temos que ir com uma semana de antecedência para conseguir marcar uma consulta para depois sermos antendidos com uma semana de atraso.
Já agora onde é essa Reabilitação? É pública ou privada? Se é pública, manda o endereço e já agora se aceitam lusitanos.

Saudações do Marreta.

Sun Iou Miou disse...

Se isto continuar assim, Raf, eu já vou ao médico antes de estar doente (não antes de endoidecer). ;)

Sun Iou Miou disse...

Eu só uso a Sanidade Pública, Marreta, que como estás a ver, é excelente.
No outro dia estava na sala de espera de Ginecologia e havia uma portuguesa a queixar-se antecipadamente porque não sabia se o médico que a ia atender ia ser do gosto dela ou não (só porque a que a vira na anterior vez estava de baixa). De maneira que sim, aceitam-se lusitanos, mesmo os que se queixam por vício.

(E em tempo, o tal médico é um excelente profissional, melhor do que a dita cuja cuja ausência tanto chorava a tua compatriota. Sei porque passei pelas mãos -com luvas!- dos dois.)

Com a Sanidade Privada muito cuidado os incautos: leiam bem a letra pequena do contrato!!!

Kapikua disse...

de facto, na portuga seria bem mais difícil uma coisa dessas acontecer...

mas tu, estando completamente restabelecida, o que te faz voltar ao médico?
Ainda por cima cheia de sorrizinhos e tal... hehehehe

Beijo enorme!

Sun Iou Miou disse...

Nunca se sabe onde pode aparecer um bonitão dum médico, Kapik.

Beijo deshorado!

Anónimo disse...

Coma o seu médico, a miña cabeleireira: dáme cita ás 3'30 e saio dalí listo ás 3'20.
Como está ao pé da casa dos meus pais, ás veces aínda volvo para acabar de tomar o café.
Canto ao de saír unha hora antes, que lle quere, a min iso hai tempo que non me pasa; e non son os anos, é a impaciencia

Sun Iou Miou disse...

Creo que hai algún elo sináptico, Kaplan, que non me furrula.

No caso da súa cabeleireira compréndese: seguro nunca esperaría cinco minutos alí encerrado. A min pasábame antes, pero agora, às veces, ata vou co traballo: manía esta de pintar o pelo que me entrou.

Raposo disse...

Non desespere, oh, hoxe hai remedio para case todo!

Sun Iou Miou disse...

Creo, Raposo, que a guillotina non está autorizada como método terapéutico. ;)