sexta-feira, 25 de julho de 2008

Filminho (III)




























Das sesións que puiden ver onte quedo co Encontro con Antón Caeiro, en xeral, en especial con A volta dos nove, documental en elaboración sobre unha serie de asasinatos cometidos na zona de Baiona durante a Guerra Civil. Volvín gozar co Cousas de Kulechov de Susana Rey, que xa vira no Play-Doc na Moinobreeemoileal, e ao remate quedoume un excelente sabor de boca co Antes de Amanhã de Gonçalo Galvão Teles.
Non me estendo, que total ninguén me entende, e tamén non estou nada insipirada e teño que choiar, por moito que hoxe, disque, sexa o día da patria (aquí sempre non santificando as festas).

6 comentários:

Anónimo disse...

Como un está interesado no que opina o espectador (a) e o lanzamento dos avanzes sen rematar de "a volta dos nove" é para ver como responde a xente, gustaríame ter coñecemento das reaccións que tiveches das partes do documental que viches. Para min é importante co fin de consolidar partes ou realizar variacións. Teño este correo: pandebroa@hotmail.com

Agradezo a túa opinión. Gracias

Sun Iou Miou disse...

Pois, Antón, cando teña máis vagar contéstoche, ¿está ben? (Terá que estar, que preguntas fago!)

Anónimo disse...

Que remedio. Eche o que hai!

Sun Iou Miou disse...

Ti Mesmo De Novo (que non de vello): É o que hai -xa o dicía Shin-chan (Ou era eu?)

Sun Iou Miou disse...

A ver entón, Antón. Vou ser breve, que non teño moito que dicir. Son espectadora leiga, non entendo nada de audiovisuais. A min gustoume o das nove cruces tal como o ofreciches. Por anacos e coas túas explicacións. Xa sei que non é práctico andar por aí como a nai da Pantoja presentando a criatura, pero foi iso precisamente o que me atraíu: o "como se fixo" en directo. Se chego a ver unha hora de documental seguido coma quen di, pois vai ti saber se me había de gustar tanto. Depende. Pensei incluso se sería esa a obra de seu, acabada: os anacos e as túas explicacións. En fin, espero que a miña opinión non te chafase moito, pero é o risco que ten perguntar.

Anónimo disse...

a verdade é que non é moito,si. Pero, bueno, era o que había.