Ao Leo
Por andar á procura dun poema
que enviarche,
esquecín o leite no lume.
Pasaba follas, tiraba un libro
e outro.
Nada de xeito.
Nada que acaese.
E de súpeto sentín, por dentro,
o berro da tribo:
O leite polo lume!!!!
Sorrín e saín a correr.
Cheguei xusto cando ía burdar e retireino,
a esvarar o cazo pola vitro, o pulso firme e trémulo.
Como saia...!
Eu salvei o leite
e ti quedaches sen poema.
4 comentários:
Son cousas que pasan ás veces....
Conxurada, neste caso, máis ben son cousas que non acontecen. (`_^)
Ti buscabas un poema e o poema veu a ti :D
Estaba de ser, Lua (`_^).
Enviar um comentário