quinta-feira, 3 de julho de 2008

Sandías

Que ninguén se estrañe se calquera día destes empeza a recibir no correo electrónico spam a ofrecer sandías por arrobas. Uns científicos da Universidade A&M de Texas concluíron que o consumo de sandías pode aumentar a libido e capacidade amatoria dunha persoa (imaxino que de varias tamén, igual é un problema de lost in translation), case talmente coma a viagra. Tampouco facía falla pensar moito, que iso xa estaba no cine na película cuxo título se traduciu como O sabor da sandía, e era por algo.
O caso é que os autores do traballo están entusiasmados ao comprobar as virtudes desta froita para o fortalecemento do corpo (sobre todo desa parte do corpo tamén). Polo visto recoméndana vivamente porque non produce efectos secundarios, cousa que non teño eu nada clara, des que unha vez na remota infancia espertei cunha furriqueira de campionato á mañá seguinte de asaltarmos a cuadrilla con nocturnidade e aleivosía un sandiar alá na miña remota Castela. Tamén agora me explico que nos dese por xogar aos médicos, así de repente, que parecía aquilo un hospital de campaña en campaña de vacinación, tantas inxeccións se puxeron. O segredo disque está no seu elevado contido en citrulina, que non me digan que non ten un nome que se presta a chanza o principio activo. A pega, que non podía faltar, é que a tal substancia se concentra na parte branca, ou sexa, arrimada á casca, o que ninguén quere... ou quería, que de agora en diante vai pasar como co xamón de jabugo, que ninguén lle quería a graxa ata que se descubriu o boa que era contra o colesterol (o malo, enténdase, que do bo ninguén ten queixa). Xa estou vendo a pregunta típica do repartidor oficial, que no das sandías, sempre hai un que corta, con grande polémica sobre o sentido en que se debe encetar, por certo:

—A ti que che dou, corazón ou casca?
—A min ponme corazón —dirán os románticos.
—A min do branco, para min do branco! —pedirán os pipelas, pura desesperación.

Teño pena das galiñas (e dos galos), que non lles vai quedar para petiscar máis ca o verde de fóra.

10 comentários:

Anónimo disse...

señora, das pebidas non falou...
por outro lado, pregúntome por que só me chega spam de viagra e nunca de melancias, que misterio, non?

kanjas disse...

nao consigo perceber o que é uma sandia :S

é um filme?

tou completamente à nora

Sun Iou Miou disse...

Kaplan, das pebidas puiden falar, pero imaaxinar o persoal a cuspilas indolentemente non me resulta nada inspirador. Por outra banda, detesto a sandías sen pebidas. E non te preocupes, que os spam de sandías non han tardar e sendo que na miña terra esteparia se vendían por arrobas (por se alguén non sabe o que significa esa palabra, son uns 11 quilos) e de porta a porta, xa estou vendo que non vai haber megas que cheguen.

Sun Iou Miou disse...

Fausto, "sandías", já o diz o Kaplan ai, são "melancias". E há um filme coreano, que se titulou em inglês The Wayward Cloud, e em espanhol, traduzo "O gosto da melancia"... Nem digo mais nada. Saíste da nora?

condado disse...

Primeiro: pelar a sandía coma se fora unha pataca (cun pelador para non estragar)
Segundo: facer trianguliños (moito branco con final vermello)
Terceiro: Se todo isto se fai ben, ficará unha bola (o corazón)-con incisións triangulares, pero circular. Vaciar co coitelo o centro en forma de cono, encher de zumo de limón con moito sucre e poñér o cono de sombreiro. Os triángulos adornando circularmente unha fonte redonda e a bola con sombreiro no centro con dúas palliñas para sorber u zume.
Cuarto: cena para dous, e só despois de, abrir o post da non-china

Sun Iou Miou disse...

Cea para dous... Condado: aí é onde empeza a fallar o conto.

Teté disse...

Ah, ah, ah, comer o branco da melancia??? Ná! a minha parte deixo para os galos e galinhas debicarem, que andar a comer só milho também lhes faz mal... ao estômago! (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Ainda bem que tu tens dó dos coitados animalitos, Teté, que eles também têm direito à queca, digo, à casca.

kanjas disse...

ja estou na fruta :)

e logo na que gosto mais. vou começar a chamar-lhe sandías :P

Sun Iou Miou disse...

Bem por ti, Fausto, aproveita este verão e ataca na fruta (chama-lhe como quiseres, que somos amos das palavras). (`_^)