Non me gusta falar moito do choio aquí, porque non convén confundir o pracer co deber, mesmo que se confundan (hoxe estou enleada), pero velaí que recibo chamada dunha empresa de dobraxe para a que traballo transmitíndome a petición de aclaración por parte da TVG do motivo de que un personaxe dunha serie xaponesa que ando a traducir que "se chama" (pensan eles) Luffy se chame na miña tradución Ruffy. Primeiro cabréome, claro, porque a serie (que é coma unha película porno pero en violencia -ou sexa sangue e hostias sen argumento-, e sendo de debuxos animados imaxino que lla colocarán aos lindos infantes á hora do leite con cereais) ten cousas bastante peores das que preocuparse. Logo, río, porque cando quero teño moita mala baba. E porque hoxe estaba precisando unha desculpa para rir coa queixada toda arregañada. Total, que redacto a carta ás altas instancias, sen preámbulos, a matar. E non me privo de expola aquí só por me dar o gusto ou desgusto de comprobar que por moi estúpida que me sinta ás veces, sempre hai quen me gaña e gañando bastantes máis cartos ca min (será por iso).
En xaponés o personaxe chámase ルフィ. O son da primeira sílaba é un "erre" moi suave, que se pode confundir con "ele", pero non é. Por outra banda, o feito de que estea escrito en caracteres katakana e non hiragana, indica que se trata da transcrición dun nome estranxeiro, que ben pode ser Ruffy, pois o nome completo do personaxe é Ruffy D Monkey, así, tal cal, en inglés.
Consultadas as transcricións en diversos idiomas aos que se traduciu a serie, comprobei que nos da nosa contorna se transcribía maioritariamente como Ruffy (inglés, portugués, italiano, catalán, alemán) fronte ás dúas formas Luffy que atopei (castelán e francés).
E de aí elixín Ruffy. Porque tiña que elixir algo. Igual que Zoro se escribe con "Z", cando non se trata dun "Z", senón dun "S" sonoro. E poderiamos continuar así. Son cousas que pasan coas linguas. E coa ignorancia.
Atentamente
4 comentários:
Ahn? Percebi bem? Estão mais preocupados que a personagem se chame Luffy ou Ruffy do que com o conteúdo violento da mesma?
Por mim não acho grande piada à estupidez alheia! Aliás, se queres que te diga, irrita-me!!! :S
Percebeste perfeitamente, Teté. O problema aliás é que cá calcam tudo do que faz em espanhol, seja bem ou mal feito, ou então é tudo ao contrário mas só por ser em contra. E não acho piada nenhuma, sobretudo porque são eles afinal quem pagam e quem decidem quem trabalha e tens de agachar a orelha porquê o orgulho alimenta bem pouco. Mas hoje estoirei. A estas alturas posso me permitir de insulta-los na cara. Todavia, estúpidos como são, talvez nem percebam.
Ai, sunchan! é por essas e por outras que me terias dado cá um jeitão hai duas semanas mais ou menos para umhas outras alhadas de tipo academicoide em que ando metida eu... (que como nom saia em breve vao dar cabo de mim, dito seja de passagem)
Pois, La Queue-chan, quando quiseres não duvides em abusar de mim. (`_^)
Enviar um comentário