“Espectacular redada na noite portuense. Meritoria actuación dos nosos corpos de seguridade” rezaba o titular da noticia que tiña congregados os habituais da Cordô ao redor do Capitão Merda. Este rogou silencio erguendo unha man para aplacar o rebumbio desatado e aclarando a gorxa iniciou a lectura do texto con voz de actor de dobraxe do século pasado.
—“Esta pasada noite na pensión ilegal ‘La Queue Bleue’, situada no número 13 da rúa da Cedofeita, a GNR en colaboración con forzas da Interpol ao mando do comisario doutor Manuel Luís Afonso Secundino dos Santos Portimão, culminouse con éxito a operación ‘Francesinha’, na que resultou detida M.A.S., de nacionalidade holandesa, que actuaba ultimamente baixo pasaporte polaco co alias de Miss Anyeska. Trátase ao parecer dunha das estafadoras máis procuradas polas policías europeas e americanas, quen presuntamente escollía as súas vítimas de preferencia entre os vellos ricos con síntomas de senilidade, aos que engaiolaba mercé á súa beleza física e as artes deshonestas da sedución para despoxar do capital. Espérase que pase nas próximas horas á disposición xudicial." —Fixo a pausa correspondente ao punto e á parte e proseguiu—: "Así mesmo foron trasladados ás dependencias policiais e co fin de prestaren declaración a propietaria da pensión e o resto dos hóspedes, a saber, unha moza estudante de macramé, un viaxante de caramelos e artigos de sado-maso de fabricación chinesa, dúas irmás campionas de petanca na categoría senior por parellas, un enxeñeiro de telecomunicacións e mais un químico en paro ao que se lle incautou material de laboratorio e tres arrobas de sandías para a elaboración clandestina de cápsulas de citrulina destinadas, segundo fontes oficiosas, ao mercado negro".
—Fodeuse o subministro —rosmou o Rei polo baixo.
—E do ti Jonas non di nada? —preguntou Miss Tollo.
—Nin o cita, como non sexa o viaxante... —apuntou o Capitão.
—Non, o viaxante coñézoo eu —dixo Sigrid e todos se viraron a mirar para ela pasmados—. Cómprolle caramelos e tal.
—A ver se vai ser que aínda está na pensión... —atallou o Rei.
Nisto chegaba o Fausto a turrar da señora Bukovski.
—Ánimo, miña rula, que houbo unha redada pero disque o seu Jonas non o levaron preso —explicoulle Miss Tollo.
—Unha redada? E entón?
—Entón? Entón imos ir ver se está na pensión —impacientábase o Rei.
—Non hai tempo que perder —engadiu Em Bicos, que ouvira a frase en moitas series policiais e pareceulle oportuna.
E mentres todos saían fogueteados, o Couselo, que presentiu un final de película, deulle volta ao saxo para esgurrichar o cuspe e púxose a tocar unha de amor.
10 comentários:
O que é que "está na pensión"?
Se não sabes tu, que disseste a frase, Rei... Tomaste alguma pílula estranha hoje ou estamos em Pentecostes? Estou a ver que até andas a perceber alguma coisa de vernáculo.
Un saxo sempre me pareceu propicio como banda sonora para este tipo de situacións.
A que presta, Raposo? E tamén dá para relaxar a tensión da espera polo desenlace, que isto non acaba máis... (`_^)
Não disse nada disso!
Nem português sei escrever, quanto mais galego...
Então explico, Rei, mas não me vais fazer repetir cá toda a história em português, pois, não? O que está ou deveria estar na casa de hóspedes é o Jonas.
Estou nada...
Eu sou lá pobre para andar nessas vulgaridades...casa de hóspedes! Eu hein?!
Meus assuntos são na Cordô e no Meridien...
Falas de outro Jonas, certamente
Lembro-te, Jonas, que aqui é onde se conta a historia verdadeira. Está ai no forno o final. Demora cinco minutos a sair, talvez menos. Se não gostares, não há nada a fazer.
Vouche eu dar a ti caramelos do viaxante, xa verás.
Rosa
Non só caramelos, Rosa, flor (Que lapsus!) E tal tamén.
Enviar um comentário