Distingo os venres porque é o día de lle dar corda ao reloxo da sala. Se non lle dese, pararíase. Se algún día se para, será que quedei sen corda. E deixarase de sentir o tictac e o seu contrapunto.
Ás veces imaxino así a casa, no absoluto silencio da maquinaria e do pulso detidos.
É só imaxinar por imaxinar.
4 comentários:
A min pásame algo parecido nun soño, doume unha hostia no coche, chega xente, estou morto, e segue soando na radio unha canción estúpida e totalmente allea á traxedia... Eu sin que ninguén escoite digo que apaguen a música para poder despertar
Como dicía, Condado, é só imaxinar por imaxinar. Algo hai que facer entre frase e frase de tanto diálogo estúpido. A morte debe de ser iso: incomunicación.
diga que si, que é só por imaxinar, pero a min xa me deixou o corazón encollido con tanto sixilo :-/
Finxiamos, Kaplan, lembre. Agora voulle finxir un sorriso para lle desencoller o corazón (só non me mire aos ollos).
Enviar um comentário