Entrei na tasca a tomar un petisco para facer tempo antes de ir a unha clase de chinés á que ao final non fun ―conste que intención tiña, mesmo que ao final o sono e a vergoña de quedar frita e escachar a testa co golpe contra o pupitre, que somos cinco, puidese máis―. Ao meu lado estaban dous guichos tirando a vellos, tirando a borrachos, tirando a desherdados... Falaban de baixo ao primeiro, pero era tan recorrente a frase que un deles repetía, que acabaron por me arrincar da lectura con que disimulaba o transo de comer máis con necesidade ca apetito.
―Ti o que tes que facer é buscar unha muller maior ―dicía o que parecía menos ebrio dos dous.
―Home non! Pensas que vou buscar unha rapariga? Eu quero unha de trinta e dous.
―Estás parvo! ¿De trinta o que? Unha desas cómeche a vida, déixate sen nada. Tes que buscar unha de sesenta.
―Si ho!
―Lévacho todo, quedas sen nada. Unha de sesenta ou ou... ―e sacudía a man para arriba― tes que buscar ―cortou, separándose do colega e saíndo sen despedirse.
Mentres esgurrichaba a cunca, o cata matinaba no consello, abaneando a cabeza, derrotado.
Eu, por unha vez, continuei a ler tranquila. Nin por arriba nin por abaixo entraba nos parámetros. Non había perigo de que me fixese as beiras.
Palabras roubadas
Como la noche no
quiero que tú desciendas,
no quiero cumplimiento
sino revelación.
Desciende hasta mis ojos
veloz, como la lluvia.
Como el furioso rayo
irrumpe restallando
mientras quedan las cosas
bajo la luz inmóviles.
Que no quiero la dulce
caricia dilatada,
sino ese poderoso
abrazo en que romperme.
Jaime Gil de Biedma falou así en Las personas del tiempo e Chico Buarque deixoume a voz con todo o sentimento.
quiero que tú desciendas,
no quiero cumplimiento
sino revelación.
Desciende hasta mis ojos
veloz, como la lluvia.
Como el furioso rayo
irrumpe restallando
mientras quedan las cosas
bajo la luz inmóviles.
Que no quiero la dulce
caricia dilatada,
sino ese poderoso
abrazo en que romperme.
Jaime Gil de Biedma falou así en Las personas del tiempo e Chico Buarque deixoume a voz con todo o sentimento.
Quinta-feira, 27 de Março de 2008
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)

7 rexoubas:
Então larica é o quê?
Porque é que ele tinha de encontrar uma mulher de 60, quando na verdade preferia uma de 32?
Ai, não devo ter percebido nada disto... (´_`)
Isso mesmo foi o que o velho se perguntou (que pode perder que nada tem?). A mim o único que me interessou da história foi saber que eu nem tinha trinta e dois nem sessenta, e que podia continuar a ler tranquila.
Larica é sempre de alimento, Teté. Fome é que pode ser sofreguidão. (`_^)
Uf!! já te estava a ver devorada... sorte não teres a idade certa na hora errada
Não tinhas 32 nem 60, mas...miraculosamente encaixavas na média aritmética da ambição daqueles 2 borrachos.
Bem que dizias que a tua sina são os borrachos e os loucos!
Agora compreendi o teu fado.
Na mosca!
asediada polo intervalo pero tranquila, así coma o sono tranquilo, dentro dos seus parénteses, do binomio de newton.
Parece que non pero a lectura sempre axuda, moito...
A minha hora sempre está errada, Camela Parker, mas a daqueles dois estava muito pior.
Jonas, não me fales em médias matemáticas nem em estatísticas, pf, que já estou a ver que nem para os borrachos valho.
Manel Vázquez, perdin-me: fixen o bacharelato por ciencias puras pero é unha parte do meu pasado que preferín esquecer -fóra do choio da mazá, que experimentei en cabeza propia.
Si, Condado, a lectura é o que me axuda a manter á raia outro borracho que me acosa cando saio á Moinobreemoileal e do que calquera día destes terei que falar tamén.
Enviar um comentário