sábado, 8 de março de 2008

Con tacto

Busco amor propio. Se alguén tropeza con el, que ha de andar polo chan, por favor, procure non pisalo e trátemo con agarimo: aínda parecéndoo, non é merda de can.

16 comentários:

Anónimo disse...

Ei, que foi?

Sun Iou Miou disse...

Que fai un un sábado pola mañá diante do ordenador tendo cousas máis fermosas que facer, Cesare?

Anónimo disse...

Xa é sábado polo serán.
Ás veces esgótase o amor propio. Unha posibilidade é rechealo de amor alleo.
O teu é moi posible que o teña atopado alguén e o teña depositado con coidado nun lugar protexido e visible. Xa o atoparás.

Sun Iou Miou disse...

Grazas, Couselo, pero dubídoo. Como moito estará no almacén húmido e escuro dos obxectos perdidos.

Anónimo disse...

Iso, a lo menos, quere dicir que alguén o recoñeceu como tal.
Insisto no do amor alleo ¿Cando vamos a Venecia?

Anónimo disse...

faite forte. non afogues nun vaso de bágoas. moi bo. saúdos

Sun Iou Miou disse...

Venecia está cada día máis lonxe, Couse, pero hai mais camiños e estradas. Que tal fas de paquete?

Sun Iou Miou disse...

Grazas pola visita e os ánimos, Manel. Fortaleza non me falta, se cadra é ese o problema: son altas as murallas do meu reino...

Anónimo disse...

A min o amor propio caeuseme onte a meio día cando unha bala rebotada rompeume a esperanza e deixoume coma un parabrisas despois do impacto CRASH!!
Agora vexo o mundo a través do estralo e no sei a que médico acudir. Podería haber padiante e patras coma no video... Ben, cecais se me fora o dedo demáis...
Ánimo...

Sun Iou Miou disse...

A min, cun pradiante que houbese para saltar as imaxes chungas xa me valía, Anónimo, pero ás veces nin play me furrula.

Teté disse...

Esta também já pertence aos clássicos de todos os tempos... Também sou fã deles, ainda tenho um disco de vinil e tudo... ;)

Sun Iou Miou disse...

É o que me vinha recorrentemente à cabeça nesse momento, Teté: "Quando estiveres abatido, quando te sentires pequeno, quando tiveres lágrimas nos olhos, enxugarei-as todas. Estou do teu lado. Quando vierem os momentos duros e não aparecerem os amigos, estender-me-ei como uma ponte sobre águas turbulentas..."

Anónimo disse...

Que é iso de ir preguntando polo paquete a xente?
Ganas danme de darte a mesma resposta que lle tiraches ó coitado do Luis o da mangueira.
Que se ti tes o amor propio en paradeiro descoñecido, non vexo razón de mandarlle ós demais o seu para o mesmo sitio.
Eu dar, dou ben na góndola polo do solo mío e o carallo. Como vou cantar na moto co casco posto?

Sun Iou Miou disse...

Couse, pregunteiche que tal facías de paquete, non que tal ías, que habái dar lugar ao malentendido ao que visto o visto deu... En canto a cantar co casco posto, asegúroche que non é impedimento; outra cousa é que non luza tanto, pero se vas cantar para min podemos levar intercomunicadores (^_^). En fin, hoxe saen os resultados e a esperanza está perdida. Creo que o segundo premio (en sorteo, coma unha rifa, hai que amolarse), ten bo carallo, é unha estadía en CASA RURAL, e francamente, diso a ti e a min sóbranos.

Anónimo disse...

¿E o amor prestado non che serve?

Sun Iou Miou disse...

O amor emprestado haino que devolver con xuros, Sigrid.