A vida é o único que cómpre tomar en serio... ou non
sábado, 8 de março de 2008
Con tacto
Busco amor propio. Se alguén tropeza con el, que ha de andar polo chan, por favor, procure non pisalo e trátemo con agarimo: aínda parecéndoo, non é merda de can.
Xa é sábado polo serán. Ás veces esgótase o amor propio. Unha posibilidade é rechealo de amor alleo. O teu é moi posible que o teña atopado alguén e o teña depositado con coidado nun lugar protexido e visible. Xa o atoparás.
A min o amor propio caeuseme onte a meio día cando unha bala rebotada rompeume a esperanza e deixoume coma un parabrisas despois do impacto CRASH!! Agora vexo o mundo a través do estralo e no sei a que médico acudir. Podería haber padiante e patras coma no video... Ben, cecais se me fora o dedo demáis... Ánimo...
É o que me vinha recorrentemente à cabeça nesse momento, Teté: "Quando estiveres abatido, quando te sentires pequeno, quando tiveres lágrimas nos olhos, enxugarei-as todas. Estou do teu lado. Quando vierem os momentos duros e não aparecerem os amigos, estender-me-ei como uma ponte sobre águas turbulentas..."
Que é iso de ir preguntando polo paquete a xente? Ganas danme de darte a mesma resposta que lle tiraches ó coitado do Luis o da mangueira. Que se ti tes o amor propio en paradeiro descoñecido, non vexo razón de mandarlle ós demais o seu para o mesmo sitio. Eu dar, dou ben na góndola polo do solo mío e o carallo. Como vou cantar na moto co casco posto?
Couse, pregunteiche que tal facías de paquete, non que tal ías, que habái dar lugar ao malentendido ao que visto o visto deu... En canto a cantar co casco posto, asegúroche que non é impedimento; outra cousa é que non luza tanto, pero se vas cantar para min podemos levar intercomunicadores (^_^). En fin, hoxe saen os resultados e a esperanza está perdida. Creo que o segundo premio (en sorteo, coma unha rifa, hai que amolarse), ten bo carallo, é unha estadía en CASA RURAL, e francamente, diso a ti e a min sóbranos.
16 comentários:
Ei, que foi?
Que fai un un sábado pola mañá diante do ordenador tendo cousas máis fermosas que facer, Cesare?
Xa é sábado polo serán.
Ás veces esgótase o amor propio. Unha posibilidade é rechealo de amor alleo.
O teu é moi posible que o teña atopado alguén e o teña depositado con coidado nun lugar protexido e visible. Xa o atoparás.
Grazas, Couselo, pero dubídoo. Como moito estará no almacén húmido e escuro dos obxectos perdidos.
Iso, a lo menos, quere dicir que alguén o recoñeceu como tal.
Insisto no do amor alleo ¿Cando vamos a Venecia?
faite forte. non afogues nun vaso de bágoas. moi bo. saúdos
Venecia está cada día máis lonxe, Couse, pero hai mais camiños e estradas. Que tal fas de paquete?
Grazas pola visita e os ánimos, Manel. Fortaleza non me falta, se cadra é ese o problema: son altas as murallas do meu reino...
A min o amor propio caeuseme onte a meio día cando unha bala rebotada rompeume a esperanza e deixoume coma un parabrisas despois do impacto CRASH!!
Agora vexo o mundo a través do estralo e no sei a que médico acudir. Podería haber padiante e patras coma no video... Ben, cecais se me fora o dedo demáis...
Ánimo...
A min, cun pradiante que houbese para saltar as imaxes chungas xa me valía, Anónimo, pero ás veces nin play me furrula.
Esta também já pertence aos clássicos de todos os tempos... Também sou fã deles, ainda tenho um disco de vinil e tudo... ;)
É o que me vinha recorrentemente à cabeça nesse momento, Teté: "Quando estiveres abatido, quando te sentires pequeno, quando tiveres lágrimas nos olhos, enxugarei-as todas. Estou do teu lado. Quando vierem os momentos duros e não aparecerem os amigos, estender-me-ei como uma ponte sobre águas turbulentas..."
Que é iso de ir preguntando polo paquete a xente?
Ganas danme de darte a mesma resposta que lle tiraches ó coitado do Luis o da mangueira.
Que se ti tes o amor propio en paradeiro descoñecido, non vexo razón de mandarlle ós demais o seu para o mesmo sitio.
Eu dar, dou ben na góndola polo do solo mío e o carallo. Como vou cantar na moto co casco posto?
Couse, pregunteiche que tal facías de paquete, non que tal ías, que habái dar lugar ao malentendido ao que visto o visto deu... En canto a cantar co casco posto, asegúroche que non é impedimento; outra cousa é que non luza tanto, pero se vas cantar para min podemos levar intercomunicadores (^_^). En fin, hoxe saen os resultados e a esperanza está perdida. Creo que o segundo premio (en sorteo, coma unha rifa, hai que amolarse), ten bo carallo, é unha estadía en CASA RURAL, e francamente, diso a ti e a min sóbranos.
¿E o amor prestado non che serve?
O amor emprestado haino que devolver con xuros, Sigrid.
Enviar um comentário