quinta-feira, 13 de março de 2008

O xardín de Jad

"Se matasen a meu fillo... eu destruiría o mundo" son as palabras con que onte á noite rematou o documental co que se estreou na Moinobreemoileal a cuarta edición do Play-Doc. George Lazarevski, que me deixara un magnífico sabor de boca o ano pasado coa súa Viaxe en sol maior, ábrenos desta a fiestra á unha residencia de anciáns ao pé do muro en construción, onde os seus habitantes -os coidadores, os coidados- son capaces de esbozar un sorriso e arrincarnos gargalladas no medio da amargura e a melancolía que se vai fechando sobre eles ao ritmo que o muro os illa.
Tremendas son as palabras da nai, que incapaz de moverse, ve como a esperanza dos seus días (ver o fillo, que debe arriscar a vida simplemente para a encher de agarimo, e fumar os cigarros que el lle trae), o que a mantén con vida e lle pinta de luz a mirada, lle vai fuxindo, ante a progresión implacable das altas pranchas de formigón que se erguen ocultando o sol.
Estremecedoras as palabras, ao día seguinte do once de marzo, e comprensibles, terriblemente comprensibles.

7 comentários:

Jonas disse...

Aquele 'This side up' é desconcertante. A ver se consigo sacar o filme da Net...
Aguçaste-me a curiosidade.
Obrigado por dares a conhecer o Play-Doc. Já o fanei para os favoritos.

Sun Iou Miou disse...

Sou adita ao Play-doc desde os inícios. Mas ontem estava tão cansada que não fiquei ao último. A ver se hoje posso ver pelo menos os dois documentários da noite. É das coisas (a única?) mais interessantes que por cá se fazem. Estás convidado. É até domingo.

Teté disse...

Não se torna sinistro? É porque isso é tão real nos dias que correm, que mais vale ir a um lar da terceira idade e estás dento do documentário... :(

Sun Iou Miou disse...

Isto ainda é pior, Teté: é um cárcere, um país convertido em cárcere por outro, onde os filhos não podem visitar os pais sem arriscar a vida e mesmo assim vai-se sorrindo, vai-se vivendo, suspirando só pela mão do filho que acarinha, pelo cigarro que deixa um prazer intenso na boca de tão desejado, pelo sol que o muro quase oculta, uma vida tal que não estranha derive em loucura.

Suso Lista disse...

Bonita adicción a túa.

d´Agolada disse...

Moi interesante a primeira frase deste artigo. tes un blog ben interesante ei voltar maáis veces. saudos

Sun Iou Miou disse...

Non sei se bonita a adicción, Suso, pero feroz coas miñas poucas horas de sono. Pero hai que aproveitar (e a xente da organización merece unha ovación), que é unha vez ao ano. Magoa non pode estar alí enchufada en sesión continua.

Ei, D'Agolada, un pracer: a porta está aberta, ata a cociña, por favor. A frase deixou o auditorio conxelado. Unha alfaia o documental.