segunda-feira, 25 de agosto de 2008

Dó de que?

Non teñas dó de min se me ves
un rastro de lágrimas a abrir un rego na cara:
foi algún lixo -con certeza-
que me entrou nos ollos
ou este sol do poente
que me cega.
E se xa de mañá me encontras triste,
non teñas dó de min:
esa é a máscara que poño aos domingos
cando vou ao cemiterio a deixar flores
na miña campa (só porque vai frío, frío)
e me esquece tirala para o resto da semana.
Deste aspecto de ourizo cacheiro,
envolto sobre si e en picos,
non teñas dó ningún:
é apenas para me defender da terra
pola que me arrastro. Nada grave.

Xa che digo,
de min non teñas dó:
virei de aceiro inoxidable e pedra,
triturei no estómago as túas cartas
(incluso as máis tenras; tamén as outras, feroces)
e coloquei un marcapasos no lugar do corazón.

Se de algo debes ter dó -se acaso, digo só-
é deste meu ouvido dereito
que conserva dentro un ruído
como de riso de meniño grande,
de home meu (?) inmenso,
que non dou borrado
e me fai estremecer xa de mañá cedo
e a cada hora.

13 comentários:

condado disse...

vamos ter que lanzar unha ancora ao vento por se prende nalgún sentido, ou mesmo nalgunha pedra, e frena este outono que ven a toda hostia... A ver si en Cans tomando uns viños...

Sun Iou Miou disse...

Ou uns viños tomándonos a nós, Condado.
Despois do xantar, agardo por ti na Lenta, á beira do nadador-salvador, polo si ou polo non.

condado disse...

Tamos bos...

Sun Iou Miou disse...

'Tamos 'tando, que xa e algo, Condado. Ao acabo, só afogan os corpos vivos.

Teté disse...

Adorei, SUN! O poema, não o estado de espírito...

Não te esqueças de tirar a máscara, que colocas ao Domingo!

Beijoca!

Sun Iou Miou disse...

Ah, Teté, eu que temia que viesses armada a ferro e fogo. Obrigada.

A máscara ficou-me colada ao rosto. É coisa de esperar até ela cair só.

Beijinho.

Anónimo disse...

Por fin xa conseguin recuperar a miña conexión a internete (algúns aínda temos dificultades para vivir no século XXI. Vou, conecto e me atopo con esa alfaia de poema.
¿cando me vas facer unha canción?

Sun Iou Miou disse...

Eu que xa mercara a minisaia negra pensando que morreras, Couselo, e andaba a mostrar os meus encantos no aquén e no alén...

Para que che faga unha canción, antes tes que me facer sufrir. Ti verás.

Antunes Ferreira disse...

LISBOA * PORTUGAL
ferreihenrique@gmail.com

Buenas

Dos pulpos a la gallega, un lacón, por favor! Y un Ribeiro fresquitón. Viva a Galiza!

Paso por aquí para decirte ¡hola! E también para saber como siguen las cosas. Me parece que muy bien. Otra vez: me encanta tu blog. Voy a visitarlo siempre que lo pueda e porque me da placer hacerlo. Seguro que lo mereces.

Sin embargo, tienes que volver a visitar mi Travessa do Ferreira (www.travessadoferreira.blogspot.com). ¡Muchas veces! O, si lo quieres, irte allí por primera vez. Quedaré muy contento, por supuesto.

Qss / Abz

Tá-se bem! disse...

Querida Sun Iou, que dizer!? LINDAS e Profundas as palavras, como tão profundos são os sentimentos...

Beijoooo enorme e um sorriso :)

Sun Iou Miou disse...

Tá-se benzinho, veremos se consigo um dia destes sair à superfície e deixo de escrever coisas profundas. A volta ao trabalho há de ajudar a escarafunchar menos. (`_^)

Beijaço para ti também e para a FFF.

Anónimo disse...

¿E non vale facerte rir?
Ninguén dixo que tivera que ser unha canción de chorar

Sun Iou Miou disse...

Couselo, rir xa me fixeches máis dunha vez e non che fixen canción ningunha. Por algo será.